O Atletismo Rías Baixas impulsa unha nova escola deportiva en Ponte Caldelas
Por Redacción
O atletismo contará cunha nova escola deportiva a partir do próximo mes de xaneiro en Ponte Caldelas.
O Concello e o Club Atletismo Rías Baixas uníronse para poñer en marcha este novo proxecto formativo, que ademais levará o nome dun deportista ilustre da localidade, Gustavo Dacal.
Trátase así de homenaxear ao mellor atleta nado en Ponte Caldelas, concretamente no seu caso en Xustáns, e é que Dacal, que na actualidade reside en México, foi campión de España de lanzamento de xavelina e ostenta o récord nacional desta modalidade cunha marca (78,88 metros) que foi recoñecida en 2017 tras 14 anos de loita ao non ser homolagada no seu momento pola Federación Española.
En canto á escola deportiva, está previsto que bote a andar a principio de ano cun grupo de entre 15 e 20 mozos de entre 10 e 16 anos, con adestramentos dous días por semana. Unha xornada será no pavillón municipal e outra, a fin de semana, no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.
As familias interesadas en iniciar ás súas fillas e fillos na práctica do atletismo poden dirixirse ao Concello ou chamar ao teléfono 646 325 994.
Relacionadas:
-
A Escola de Atletismo Gustavo Dacal convértese en realidade
Por Redacción |
-
O Club Atletismo Rías Baixas asegura praza para dous atletas no Campionato de España
Por Redacción |
-
O Club Atletismo Rías Baixas estrea tempada con ilusións renovadas
Por Redacción |
-
O Concello recoñece o traballo da SCD Ponte Caldelas coa Escola Deportiva e co equipo feminino
Por Redacción |