Iván Ania, adestrador do Algeciras: "O Pontevedra por fútbol e proposta debería estar máis arriba"
Por Diego Espiño
O adestrador do Algeciras, rival do Pontevedra o vindeiro domingo 18 de decembro (12.00 horas, Estadio Nuevo Mirador) na Primeira RFEF, non sentará por sanción no banco #ante os granates, pero si compareceu este venres ante os medios de comunicación encomiando ao que será o seu rival polos tres puntos.
"O Pontevedra é un equipo que propón, que lle gusta xogar", sinala Iván Ania avanzando que "nolo vai a poñer difícil seguro".
"É un equipo recentemente ascendido pero en canto a proposta futboistica para o meu gusto é dos equipos que me gustaría ver máis arriba porque me gusta ver esas propostas máis que outras de xogo directo ou xogar a mercé do rival", defende o técnico afirmando que os da Boa Vila "por fútbol e proposta deberían estar máis arriba".
Con todo "como todos os equipos que tentan xogar normalmente o erro penaliza e por iso está abaixo na clasificación". Aínda así, analiza Ania, "non ten nada que ver a equipos cos que nos enfrontamos".
En canto ao encontro do domingo, a pesar de sumar 7 puntos dos últimos 9 para afastarse da zona do descenso, Iván Ania asegura que "para nós é o partido máis importante do ano, porque é o que dura máis tempo. Do resultado deste partido vas estar vivindo tres semanas que é cando volves xogar. Necesitamos unha vitoria que nos de ese saltito na clasdificación para xogar máis tranquilos".
O cadro andaluz chegará iso si á cita con problemas de efectivos, e é que "temos agora mesmo o equipo colleito con pinzas, unha semana tres partidos pasounos factura". Ademais "tocados hai varios, uns con gripe. Foi unha semana mala pero o importante é que esteamos ben para o partido do domingo", recoñeceu o técnico.
O que seguro non estará sobre o verde é o lateral Tomás, sancionado con catro partidos, ao que se suman as previsibles ausencias de Admonio, Amoah e Borja Fernández.
Relacionadas:
-
Yelko Pino e a lei do ex dan a vitoria o Pontevedra contra o Algeciras (0-2)
Por Almu Dapena |
-
O Pontevedra, a por unha vitoria en Alxeciras que "nos de confianza" antes de que acabe o ano
Por Redacción |
-
Unha parte importante do plantel do Pontevedra, con contrato ata 2024
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Promocións para a Copa do Rei, con entrada de balde para menores de 16 anos
Por Diego Espiño |