O Pontevedra, a por unha vitoria en Alxeciras que "nos de confianza" antes de que acabe o ano
Por Redacción
O Pontevedra Club de Fútbol afronta este domingo en Alxeciras (12:00 horas) o último partido de liga do ano coa intención de "gañar e poder ver a situación doutra maneira".
Superado o golpe da pasada fin de semana en Pasarón e sen novidades en canto aos lesionados a falta dunha sesión na matinal do sábado, o combinado granate e o seu adestrador, Antonio Fernández, teñen as ideas claras e saben que conseguir os tres puntos "daríanos confianza para afrontar o que vén despois das vacacións".
De feito, o Algeciras é o claro exemplo de que sumando dúas vitorias consecutivas pódese saír do pozo, e por iso o Pontevedra vese "reflectido" no traballo do rival, que cos dous últimos triunfos botou terra polo medio cos equipos que están en postos de descenso.
Pero para o técnico granate, os andaluces son "un equipo forte na súa casa", polo que os seus xogadores teñen que "ser competitivos, que o plan partido deseñado salga á perfección, estar acertados e así traer os tres puntos, que é coa intención coa que imos".
Asegura Fernández que "o equipo compite en todos os partidos que disputa e en Alxeciras temos opcións de facer dano" e conseguir unha vitoria coa que "posiblemente, podámonos ver fose do descenso antes de que acabe o ano". Algo que, sen ningunha dúbida, "sería moi positivo".
Relacionadas:
-
Yelko Pino e a lei do ex dan a vitoria o Pontevedra contra o Algeciras (0-2)
Por Almu Dapena |
-
Iván Ania, adestrador do Algeciras: "O Pontevedra por fútbol e proposta debería estar máis arriba"
Por Diego Espiño |
-
Unha parte importante do plantel do Pontevedra, con contrato ata 2024
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Promocións para a Copa do Rei, con entrada de balde para menores de 16 anos
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra entrega os 600 quilos de alimentos recadados en Pasarón
Por Redacción |
-
Dous partidos que poden marcar a tempada do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Empate con sabor a derrota do Pontevedra diante do Rayo Majadahonda (1-1)
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
Miguel Román, Cacharrón, Seoane... Un parte de guerra no peor momento
Por Diego Espiño |
-
Dura derrota do Pontevedra en Córdoba tras xogar 80 minutos en superioridade (1-0)
Por Diego Espiño |
-
O Racing de Ferrol rompe a imbatibilidade do Pontevedra en Pasarón (0-2)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |