O Poio Pescamar fai os deberes en Alcorcón (0-3)
Por Almu Dapena
O Poio Pescamar sumou este sábado tres puntos máis que o afianzan na zona alta da clasificación tras gañar a domicilio ao Alcorcón.
Non tivo problemas o conxunto conserveiro para facerse co dominio do encontro, xa que aos dous minutos de xogo Dani Sousa enchufaba o balón na escuadra e facía o primeiro tanto para, pouco despois, Elena Aragón estrelar un remate no poste da portería defendida por Estela.
Era a gardameta local precisamente a que mantiña vivo ao seu equipo, freando as repetidas ocasións do cadro vermello que creaba moito perigo con rápidas transicións. Nada puido facer, con todo, para parar o penalti botado por Peñalver tras unha man de Iraia dentro da área, co que fixo o 0-2.
Tentou reaccionar o cadro oleiro ao asedio do Poio, pero a falta de acerto impedíalles recortar distancias. De feito, no final do primeiro acto tívoa Clau López tivo o gol local tras un pase de Aída, pero cando non quere entrar, non entra, e iso ocorreulle ao Alcorcón.
Despois do paso polos vestiarios, as locais aumentaron a súa intensidade e viviron en campo rival, mentres o Poio tentaba sentenciar ao contragolpe ou a balón parado. Foi, de feito, cunha falta frontal coa que Elena Aragón puido facer o 0-3, pero Estela empregouse a fondo para evitar un novo tanto.
Optaron as de amarelo polo xogo de cinco á vista do resultado e do tempo que quedaba, pero cometeron demasiados riscos. Así, na primeira ocasión con Clau López como porteira-xogadora, Sandra Buzón, desde cancha propia, facía o 0-3 co que o Poio Pescamar asinou un novo triunfo fóra da Seca.
AD ALCORCÓN (0): Estela; Albita, Clau López, Aída de Miguel e laura (quinteto inicial) Tamén xogaron, Nere Moldes, Laura Oliva, Marta Nuño, Carmen Alonso, Pepa Susarte, Iraia, Paula Llorente e Patri Arruti (segunda porteira).
POIO PESCAMAR (3): Sandra Buzón; Dani Sousa, Anna Escribano, Marta Peñalver e Martita (quinteto inicial). Tamén xogaron, Rocío, Laura Uña, Luci, Dupuy e Elena Aragón.
Incidencias: Los Cantos. Colexiados, Cubero García e Manso Martín. Amoestaron a Luci, Dupuy no Poio Pescamar e Aída de Miguel, Carmen Alonso e a un membro do corpo técnico e expulsaron a Raúl Castro, adestrador do Alcorcón.
Goles: 0-1, min. 2 Dani Sousa. 0-2, min. 8 Marta Peñalver (penalti). 0-3, min. 36 Sandra Buzón
Relacionadas:
-
Remontada e vitoria para o Poio Pescamar contra o Leganés (2-1)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Triunfo en Zaragoza para un Poio Pescamar que segue de doce (2-3)
Por Redacción |
-
Goleada de escándalo do Poio Pescamar o Rayo Majadahonda (12-0)
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar regresa a casa para enfrontarse o Rayo Majadahonda e o Marín Futsal viaxa a Elxe
Por Redacción |
-
'Coco' no sorteo de Copa para o Poio Pescamar e rival máis alcanzable para o Marín Futsal
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar resolve pola vía rápida en Ceuta (0-7) para avanzar aos oitavos de Copa
Por Redacción |
-
Sufrido triunfo do Poio Pescamar en Canarias (1-2)
Por Redacción |
-
Recital ofensivo do Poio Pescamar sobre o Alcantarilla para seguir invicto na Seca (4-2)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |