Recital ofensivo do Poio Pescamar sobre o Alcantarilla para seguir invicto na Seca (4-2)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz
O Poio Pescamar segue sumando de tres en tres na Seca e non coñece a derrota diante da súa afección. O conxunto conserveiro gañou 4-2 ao Alcantarilla murciano nun partido que se antollaba complicado pero no que realizaron un recital ofensivo protagonizado por Ana Escribano e Elena Aragón que lle permite asentarse na zona alta da táboa.
E iso que as locais chegaban á cita sen as internacionais arxentinas Julia Dupuy e Agostina Chiesa, que se desprazaron a principios de semana ao seu país para concentrase co combinado albiceleste para os Xogos Suramericanos.
Ambos os equipos querían a súa cuarta vitoria da tempada, pero eran as vermellas as que gozaban da primeira ocasión cun disparo de socato de Irene García que salvou Irene Franco.
Respondeu da mesma maneira Sandra Buzón aos poucos minutos, rexeitando un remate afastado de Bet. Con todo, aos sete minutos á saída dun saque de banda, Ana Escribano poñíase en modo goleadora e de tiro cruzado facía o 1-0.
Catro minutos despois, Laura Uña tentouno de vaselina e Elena sacouna baixo paus, pero Elena Aragón fíxose co esférico na frontal para anotar o 2-0.
Con ese resultado chegouse aos últimos minutos da primeira parte, momento no que chegou a choiva de goles por parte de ambos os equipos. Elena Aragón marcou o 3-0 a pase de Marta, Pao Cartaxena superaba a Buzón para facer o primeiro tanto das murcianas e, ao fío do descanso, Ana Escribano batía á saída dun saque de banda asinando o 4-1.
O Poio mantivo o dominio nada máis comezar a segunda mitade, mentres o Alcantarilla, mediante contragolpes, tentaba reducir distancias.
Pero o partido estaba onde as conserveiras querían e o tempo transcorría sen pena nin gloria. Si é verdade que Pao Cartaxena e Elena eran as que maior xeraban en ataque, pero o Poio respondía moi ben defensivamente.
Sandra Buzón, por mans fose da área, foi expulsada e deixou ao Poio cunha menos e no primeiro ataque en superioridade, Ana Belén rematou na área para facer o 4-2 co que se alcanzou o bocinazo final.
POIO PESCAMAR (4): Sandra Buzón, Rocío, Luci, Martita e Dani Sousa (quinteto inicial). Tamén xogaron, Anna Escribano, Irene García, Elena Aragón, Laura Uña e Elena (segunda porteira).
ALCANTARILLA (2): Irene Franco; Pao Cartagena, Marta de los Riscos, Anita Pino e Elena (quinteto inicial). Tamén xogaron, Bet Carrasco, Ana Belén, Bianca, Raquelilla e Aitana
Incidencias: A Seca. Colexiados, Darriba Villamor e López López. Expulsaron con vermella directa a Sandra Buzón (38') no Poio pescamar.
Goles: 1-0, min. 7 Ana Escribano. 2-0, min. 11 Elena Aragón. 3-0, min. 17 Elena Aragón. 3-1, min. 18 Pao Cartagena. 4-1, min. 19 Ana Escribano. 4-2, min. 38 Ana Belén.
Relacionadas:
-
Goleada de escándalo do Poio Pescamar o Rayo Majadahonda (12-0)
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar fai os deberes en Alcorcón (0-3)
Por Almu Dapena |
-
O Poio Pescamar resolve pola vía rápida en Ceuta (0-7) para avanzar aos oitavos de Copa
Por Redacción |
-
Sufrido triunfo do Poio Pescamar en Canarias (1-2)
Por Redacción |
-
Goleada fronte ao Bembrive en Copa Galicia na volta á actividade do Poio Pescamar
Por Redacción |
-
Tripla representación de Marín Futsal e Poio Pescamar na lista de España para asaltar a clasificación ao Europeo
Por Redacción |
-
Remontada e primeira vitoria a domicilio para o Poio Pescamar (2-3)
Por Almu Dapena |
-
O Poio Pescamar fai da Seca o seu fortín e supera o Móstoles (4-0)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Poio Pescamar sofre a pegada do Futsi Atlético (3-0)
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar inicia a nova tempada con goleada ante o Joventut D’Elx (7-1)
Por Redacción & Mónica Patxot |