O Poio Pescamar inicia a nova tempada con goleada ante o Joventut D’Elx (7-1)
Por Redacción & Mónica Patxot
O Poio Pescamar non tivo rival no primeiro partido desta nova tempada. Goleou a Joventut D'Elx por 7-1 nun duelo que comezou cunha hora de atraso e no que non puido xogar Ana Escribano por problemas de conexión entre o cadro arbitral e a Federación Española.
O conxunto conserveiro fíxose desde o minuto uno co control do xogo, mentres o Joventut aguantaba como podía as chegadas do rival.
Non tardou en adiantarse o Poio. De feito, foi aos cinco minutos cando Laura Uña remataba no segundo pau un pase de Elena Aragón.
Dous minutos despois, Laura Uña fixo un dobrete tras pase ao oco de Marta Peñalver. Segundos máis tarde, foi Martita a que se puxo en modo goleadora para facer o 3-0 que obrigaba ao rival para parar o tempo.
Pero as vermellas seguían estando acertadas case en cada chegada a área rival e facía o cuarto por mediación de Luci Gómez que resolvía dentro da área tras pase de Peñalver despois dunha gran circulación ofensiva.
Recortou distancias no tramo final o cadro visitante, con fortuna, iso si. Elena anotou en propia meta un saque de esquina botado por Judit e parecía que daba ás ao seu equipo. Con todo, a escasos segundos do intermedio, Dani Sousa encargábase de facer o 5-1 que deixaba case sentenciado o duelo.
Comenó a segunda parte e o Poio seguiu facendo das súas, aínda que sen buscar con tanta necesidade a portería dun Joventut que se vía lastrado pola expulsión de Judit tras cortar coa man un balón.
A superioridade numérica aproveitárona as da Seca cun gol de Dani Sousa e, dous minutos despois, era Julia Dupuy a que se encargaba de pechar a goleada facendo o 7-1 co que se alcanzou o final.
POIO PESCAMAR (7): Elena; Luci Gómez, Dani Sousa, Marta Peñalver e Martita (cinco inicial). Tamén xogaron, Rocío, Irene, Laura Uña, Elena Aragón e Dupuy.
JOVENTUT D'ELX (1): Ceci; Judit, Sara, Aitana e Sasha (quinteto inicial). Tamén xogaron, Trini, Bianca, Eli, Maite e María.
Goles: 1-0, min. 5 Laura Uña. 2-0, min. 7 Laura Uña. 3-0, min. 7 Martita 4-0, min. 8 Luci Gómez. 4-1, min. 19 Elena (propia porta). 5-1, min. 20 Dani Sousa. 6-1, min. 37 Dani Sousa. 7-1, min. 39 Julia Dupuy.
Incidencias: A Seca. Colexiados, Ferrero Carballal e Orbegozo Cantón. Amoestaron a Dupuy, Marta Peñalver no Poio Pescamar e expulsaron a Judit (’36) no Joventut D’Elx.
Relacionadas:
-
Recital ofensivo do Poio Pescamar sobre o Alcantarilla para seguir invicto na Seca (4-2)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Remontada e primeira vitoria a domicilio para o Poio Pescamar (2-3)
Por Almu Dapena |
-
O Poio Pescamar fai da Seca o seu fortín e supera o Móstoles (4-0)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Marín Futsal quere seguir coa súa boa serie en Ourense e o Poio Pescamar busca recuperar sensacións na Seca
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar sofre a pegada do Futsi Atlético (3-0)
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar suma a Estrella Galicia como patrocinador oficial
Por Redacción |
-
Poio Pescamar e Marín Futsal inician esta fin de semana a súa campaña máis ambiciosa
Por Manu Otero |
-
O Poio Pescamar ten nas súas filas a unha das cinco mellores xogadoras da liga italiana
Por Redacción |
-
Poio Pescamar e Marín Futsal lanzan as súas campañas de abonados
Por Redacción |