Domingo 13 en horario matinal, data proposta polo Manresa para medirse ao Pontevedra na Copa do Rei
Por Almu Dapena
O Manresa, rival do Pontevedra CF na primeira rolda de Copa do Rei, propuxo este venres data e hora para a disputa do partido a falta da validación oficial por parte da Real Federación Española de Fútbol.
Desta forma, se a Federación o confirma, o encontro disputarase o domingo 13 de novembro ás 12:00 horas en casa do equipo de menor categoría, o Manresa, rival que milita na Segunda RFEF e actual cuarto clasificado do Grupo III.
O conxunto granate desprazarase a terras catalás para medirse no Estadi do Congost, campo de herba sintética con capacidade para 3.700 persoas nas bancadas.
O prezo das entradas, xa fixado, será para os socios de 10 euros en Tribuna Lateral e de 15 Sentada, mentres que, para os non socios, de 20 en Lateral e 30 Sentada.
Relacionadas:
-
6,7 segundos! O gol en propia meta de Churre en Manresa, directo ao libro dos récords
Por Diego Espiño |
-
Manresa desborda ilusión para recibir o Pontevedra na Copa do Rei
Por Diego Espiño |
-
Con (case) todos para afrontar o reto da Copa do Rei
Por Diego Espiño |
-
Pasar de rolda na Copa do Rei cotízase caro para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Cacharrón e Martín Diz, os heroes inesperados no Pontevedra que aproveitaron a súa oportunidade
Por Diego Espiño |
-
Agónico triunfo e homenaxe a Neme en Pasarón (2-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Antonio Fernández: "Presión non, pero queremos buscar unha vitoria que nos de tranquilidade para seguir traballando"
Por Diego Espiño |
-
Pasarón, o talismán ao que se encomenda o Pontevedra para levantar o voo
Por Diego Espiño |
-
Lupe Murillo: "As contas tras a pandemia rompen o ciclo de superávit que trae este Consello de Administración"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra estrea servizo de venda en liña de entradas
Por Redacción |
-
O Manresa de Segunda RFEF, rival do Pontevedra na primeira rolda da Copa do Rei
Por Diego Espiño |