As lesións non dan tregua ao Cisne, que volve perder a Cavalcanti
Por Diego Espiño
O do Club Cisne Balonmán coas lesións esta tempada é para facerllo ver, e é que o club pontevedrés leva semanas coa enfermería repleta.
O último en caer, ou practicamente recaer no seu caso, é Gabriel Cavalcanti.
O lateral portugués sufriu un forte golpe na cara que lle obrigou a abandonar o encontro do pasado domingo fronte ao Bada Huesca, confirmándose tras as probas realizadas que sofre unha rotura dos ósos propios do nariz.
Esta situación, aínda que lle permitirá manter a forma física, impediralle someterse a situacións de contacto directo as próximas semanas, causando baixa por tanto para os de Javier Márquez xusto cando conseguira volver ao equipo superados os problemas físicos que lle deixaron KO varias xornadas.
Unha nova baixa por tanto para unha mermada primeira liña, a pesar da incorporación de urxencia de David Chapela, e para un equipo que perdeu para toda a tempada a Marko Ojeda e que conta con outros xogadores con problemas físicos como Arbleya, Carlos Ocaña, Bruno Vázquez ou Iván Calvo.
Relacionadas:
-
O gafe do Cisne non ten fin: Iván Calvo deberá pasar polo quirófano
Por Diego Espiño |
-
Un mes de novembro sen descanso para o Cisne
Por Diego Espiño |
-
A Liga Asobal volve, por fin, ao Pavillón Municipal
Por Diego Espiño |
-
A coraxe non lle chega ao Cisne para sumar en Puente Genil (34-32)
Por Diego Espiño |
-
"Chegar ao final do partido con forzas", obxectivo do Cisne ante Puente Genil
Por Almu Dapena |
-
O Cisne leva o rosa da Asociación Española Contra o Cancro á Liga Asobal
Por Redacción |
-
A ofensiva do Cisne fai augas na segunda metade contra o Bada Huesca (27-32)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Cisne recibirá ao Puente Genil na segunda rolda da Copa do Rei
Por Manu Otero |
-
David Chapela regresa a un Cisne arrasado polas lesións
Por Manu Otero |