A baixa de Yelko por sanción abre novas opcións no once do Pontevedra
Por Diego Espiño
A décima xornada de liga traerá obrigatoriamente cambios no Pontevedra Club de Fútbol, que perde por sanción por sanción a un home ata o de agora imprescindible para o técnico, Yelko Pino.
O centrocampista vigués, titular ata a data en todas e cada unha das xornadas na medular xunto a Miguel Román, viu en León a súa quinta amoestación da tempada, carrexando unha sanción que previsiblemente será confirmada este mércores polo Comité de Competición.
A súa ausencia obrigará a Antonio Fernández a variar de novo un once inicial que non repetiu aínda no que vai de liga, abrindo novas opcións na sala de máquinas do equipo.
Con Miguel Román indiscutible por agora, a dúbida é quen ou quen lle acompañarán no centro do campo no importante duelo contra o San Fernando do próximo domingo 30 de outubro (17.00 horas) en Pasarón. Neste sentido Borja Domínguez, xa recuperado da súa lesión e tras sumar minutos no Reino de León, é unha dos posibles recambios naturais, como tamén o é un Mario Ortiz que foi titular en dúas ocasións. Todo sen descartar incluso a presenza dos dous para reforzar esa parcela do xogo ou de Álex Masogo.
A parte positiva para o técnico é que salvo a citada ausencia de Yelko, peza importante na construción do xogo ofensivo, e a Guèye por estar concentrado coa selección sub-23 de Senegal, o resto de futbolistas apuntan a estar dispoñibles a fin de semana ao baleirarse a enfermería despois de moitas semanas.
No que respecta ás sancións, ademais da quinta cartolina amarela de Pino, queda con catro tarxetas e a unha da suspensión Víctor Vázquez 'Churre'.
Relacionadas:
-
Arribas sentenza a un defensivo Pontevedra que segue sen gañar fóra da casa (1-0)
Por Almu Dapena |
-
Agónico triunfo e homenaxe a Neme en Pasarón (2-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Antonio Fernández: "Presión non, pero queremos buscar unha vitoria que nos de tranquilidade para seguir traballando"
Por Diego Espiño |
-
Pasarón, o talismán ao que se encomenda o Pontevedra para levantar o voo
Por Diego Espiño |
-
Freada con Seoane e precaución cos xogadores que saen de lesión
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra estrea servizo de venda en liña de entradas
Por Redacción |
-
Peche de filas no Pontevedra ao redor de Antonio Fernández
Por Diego Espiño |
-
O Manresa de Segunda RFEF, rival do Pontevedra na primeira rolda da Copa do Rei
Por Diego Espiño |
-
Antonio Fernández, tras a derrota ante a Cultural Leonesa: "Nos hemos visto sobrepasados"
Por Almu Dapena |
-
O balón parado condena a un Pontevedra falto de ideas en León (2-0)
Por Almu Dapena |