Antonio Fernández, tras a derrota ante a Cultural Leonesa: "Nos hemos visto sobrepasados"
Por Almu Dapena
Os bos resultados seguen sen chegar para o Pontevedra CF, que se viu excedido pola Cultural Leonesa no partido deste sábado no Reino de León.
O técnico granate, como é habitual despois de cada duelo, compareceu en rolda de prensa e mostrouse crítico tanto cos seus xogadores como con el mesmo.
"Hoy no hemos tenido un buen día. Aunque hemos encajado a balón parado, la Cultural ha tenido muchos acercamientos y en muchos momentos nos hemos visto sobrepasados", admitiu Antonio Fernández, consciente de que xogando así "no llega".
Insiste en que o equipo o tentou pero "el plan partido diseñado no nos ha salido, intentamos ser un equipo profundo por las bandas, pero muchas transiciones del rival nos hicieron mucho daño. Hoy nos hemos visto sobrepasados".
E é que a traxectoria do conxunto granate, sobre todo a domicilio, vai de mal a peor, pero para o adestrador "aún es muy pronto" como para tirar a toalla. "Está claro que los resultados no son los que queríamos, pero somos unos nuevos ascendidos y tenemos que saber convivir con las situaciones complicadas", explica.
Agora non queda outra que "estar todos a una", porque Antonio cre que "de estas situaciones se puede salir, el equipo está fastidiado y no queda otra que seguir trabajando" e pensar no San Fernando, que visitará Pasarón o vindeiro domingo ás 17:00 horas.
Relacionadas:
-
Antonio Fernández: "Presión non, pero queremos buscar unha vitoria que nos de tranquilidade para seguir traballando"
Por Diego Espiño |
-
Pasarón, o talismán ao que se encomenda o Pontevedra para levantar o voo
Por Diego Espiño |
-
Freada con Seoane e precaución cos xogadores que saen de lesión
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra estrea servizo de venda en liña de entradas
Por Redacción |
-
A baixa de Yelko por sanción abre novas opcións no once do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Peche de filas no Pontevedra ao redor de Antonio Fernández
Por Diego Espiño |
-
O Manresa de Segunda RFEF, rival do Pontevedra na primeira rolda da Copa do Rei
Por Diego Espiño |
-
O balón parado condena a un Pontevedra falto de ideas en León (2-0)
Por Almu Dapena |