A 'Marea Granate', disposta a desembarcar en Riazor
Por Diego Espiño
Apenas se iniciou a tempada para o Pontevedra Club de Fútbol na Primeira RFEF, pero chega a quenda xa dun dos desprazamentos máis esperados pola afección granate, a vista ao Estadio Municipal de Riazor para medirse ao Real Club Deportivo coruñés (domingo 18 de setembro, 19.00 horas).
Para asistir ao encontro e poder presencialo rodeado de seguidores pontevedreses, o club da Boa Vila habilitou este martes a venda de entradas nas súas oficinas de Pasarón, a un prezo de 15 euros tal e como se acordou no seu momwnto entre varios clubs da categoría.
Para adquirir os billetes é necesario dar nome completo, DNI e correo electrónico de cada asistente.
Ademais o Pontevedra acompaña esta venda de entradas coa organización dun desprazamento en autocar, que custará 10 euros, con saída ás 11.00 horas da mañá do domingo desde o Pavillón Municipal dos Deportes e regreso á conclusión do encontro, aínda que é posible adquirir billetes sen apuntarse ao autobús.
En ambos os dous casos as xestións poden realizarse nas oficinas de Pasarón de martes a venres en horario de 9.00 a 19.00 horas.
Relacionadas:
-
Máis de medio milleiro de granates apúntanse ao derbi en Riazor
Por Diego Espiño |
-
O adestrador do Deportivo, Borja Jiménez, cre que o Pontevedra "non ten nada que ver cun recentemente ascendido"
Por Diego Espiño |
-
Antonio Fernández: "Gustaríame ver ao meu equipo o domingo con personalidade en Riazor"
Por Diego Espiño |
-
A venda de entradas para apoiar ao Pontevedra en Riazor, 'a toda vela'
Por Diego Espiño |
-
Diego Villares espera un Pontevedra que "non nos vai a poñer as cousas nada fáciles"
Por Diego Espiño |
-
Churre prognostica un Pontevedra sen complexos en Riazor: "Podemos competir alí"
Por Diego Espiño |
-
Charles, un goleador de 'categoría'
Por Diego Espiño |
-
Unha xogada que marcou un partido: Así xustificou o árbitro o penalti e expulsión decisivos fronte ao Talavera
Por Diego Espiño |
-
Antonio Fernández, contundente tras a vitoria do Pontevedra: "O de hoxe non me gustou, hai que ser autocrítico"
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
Un penalti dubidoso e unha expulsión catapultan ao Pontevedra cara á vitoria ante o Talavera (3-0)
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
Os granates xa coñecen os horarios de toda a primeira volta de Primeira Federación
Por Manu Otero |