Sara Vanegas, a incorporación máis nova do Waterpolo Pontevedra para a súa estrea en categoría nacional
Por Redacción
O Club Waterpolo Pontevedra confirmou este xoves á que é a súa quinta fichaxe para o seu debut en Primeira Nacional, a incorporación máis nova do equipo.
Trátase da colombiana Sara Vanegas, xogadora de só 14 anos de idade e que a pesar da súa mocidade é xa internacional co seu país, disputando o recente Campionato do Mundo celebrado en Budapest.
Vanegas e a súa familia decidiron apostar por dar o salto a Europa para proseguir desde Pontevedra cos seus estudos e coa súa carreira deportiva.
"Sara xoga en posición 4 (lateral esquerdo), con potencial ofensivo e é compañeira de equipo e selección de Valentina Restrepo, polo que non virá soa", sinala o Waterpolo Pontevedra en referencia ao outra fichaxe colombiana confirmada.
Do mesmo xeito que a súa compañeira, procede do Club Copacabana.
"Ter a oportunidade de participar noutro país é un soño xa que en España teñen máis nivel e eu moito que aprender", sinala pola súa banda a xogadora.
Dos cinco fichaxes anunciados ata a data polo Waterpolo Pontevedra catro proceden do continente americano, coas as mexicanas Alejandra Gallegos e Karla Hernández e as colombianas Valentina Restrepo e a propia Sara Vanegas, lista á que se suma a viguesa Carmen Carrera.
Relacionadas:
-
Primeiros test para o Waterpolo Pontevedra na súa posta a punto para a Primeira Nacional
Por Redacción |
-
Ilusión disparada nun Waterpolo Pontevedra que xa prepara o seu debut en liga nacional
Por Manu Otero |
-
Valentina Restrepo, de Colombia ao proxecto de Primeira Nacional do Waterpolo Pontevedra
Por Redacción |
-
Karla Hernández, segundo reforzo mexicano para o proxecto do Waterpolo Pontevedra en Primeira Nacional
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra abre fronteiras fichando á mexicana Alejandra Gallegos
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra coñece aos seus rivais para o reto de competir na Primeira Nacional
Por Diego Espiño |
-
O CW Pontevedra redobra a súa aposta polo equipo feminino con máis orzamento, fichaxes e cambio de adestrador
Por Manu Otero |