O Waterpolo Pontevedra abre fronteiras fichando á mexicana Alejandra Gallegos
Por Redacción
Reforzo internacional para o Club Waterpolo Pontevedra de cara ao reto de competir na Primeira Nacional Feminina.
Trátase da mexicana Alejandra Gallegos, porteira de 20 anos que acumula experiencia internacional coa selección do seu país.
"É unha gran oportunidade para min para crecer en nivel deportivo pola esixencia que a liga española representa. Vou dar o meu 110% en cada xogo e adestramento para aproveitar ao máximo esta oportunidade", sinalou Alejandra tras confirmase a súa fichaxe polo club da Boa Vila.
Procede do club Aguascalientes de México, e entre os seus logros figura o título conseguido leste mesmo ano no Campionato Centroamericano e do Caribe CCCAN 2022.
Alejandra Gallegos é a segunda incorporación para o proxecto co que o Waterpolo Pontevedra estrearase en categoría nacional, tras a fichaxe da viguesa Carmen Carrera.
Relacionadas:
-
Ilusión disparada nun Waterpolo Pontevedra que xa prepara o seu debut en liga nacional
Por Manu Otero |
-
Sara Vanegas, a incorporación máis nova do Waterpolo Pontevedra para a súa estrea en categoría nacional
Por Redacción |
-
Valentina Restrepo, de Colombia ao proxecto de Primeira Nacional do Waterpolo Pontevedra
Por Redacción |
-
Karla Hernández, segundo reforzo mexicano para o proxecto do Waterpolo Pontevedra en Primeira Nacional
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra coñece aos seus rivais para o reto de competir na Primeira Nacional
Por Diego Espiño |
-
O CW Pontevedra redobra a súa aposta polo equipo feminino con máis orzamento, fichaxes e cambio de adestrador
Por Manu Otero |
-
O CW Pontevedra pon a proba o seu nivel para a Primeira División nun torneo internacional
Por Redacción |