Tono Campos proclámase campión de Europa en C-1 de longa distancia
Por Almu Dapena
Segunda medalla para Tono Campos no campionato de Europa de piragüismo maratón que se está disputando en Silkeborg, Dinamarca, durante esta semana.
Conseguiu o bronce no C-1 de Media Maratón na proba disputada o xoves e subiuse este sábado outra vez á piragua para, esta vez, enfrontarse a unha das carreiras máis duras do campionato: os máis de 26 quilómetros en C-1 de longa distancia.
Durante as máis de dúas horas que durou a proba, o grovense estivo acompañado polo do Kayak Tudense Manuel Garrido, co que llo xogou todo nos últimos 100 metros.
Finalmente foi Campos o que, cun bo sprint final, sobrepúxose ao seu compañeiro e á vez rival para proclamarse campión de Europa cun tempo de 2:08:55. Seguiulle Garrido no podio cunha valiosísima prata.
Ao terminar a proba, Tono Campos destacou que "en el último porteo me he visto muy bien y sabía que podía llevármelo en sprint", mentres que Garrido confesou que "la táctica era hacer un grupo pequeño y jugársela uno al final", algo que, sen dúbida, deulles resultado.
A participación galega no campionato de Europa continuou horas despois coa participación do padeeiro do Piragüismo Olívico Iván Alonso, que sumou a súa segunda prata da semana para engrosar aínda máis o seu histórico medalleiro e a do piragüismo galego.
Despois de máis de dúas horas (2h08:55) padexando Tono Campos (Breogán do Grove) e Manuel Garrido (Kayak Tudense) xogáronse nos últimos 100 metros o título de Europa de Maratón (C1)
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) July 30, 2022
pic.twitter.com/FLakQlVarO
Relacionadas:
-
Jaime Duro, campión do Mundo sub-23 de piragüismo maratón con Diego Piñeiro terceiro
Por Diego Espiño |
-
Diego Romero e Jaime Duro estréanse no Mundial de Maratón cun dobrete na canoa curta
Por Diego Espiño |
-
O Mundial de Ponte de Lima, reto para a armada pontevedresa de piragüismo maratón
Por Redacción |
-
Tono Campos pecha a súa participación no europeo con outro ouro
Por Almu Dapena |
-
Os pontevedreses Diego Piñeiro e Joaquín Iglesias, bronce no europeo de Dinamarca
Por Redacción |
-
Tono Campos consegue un bronce no debut do piragüismo galego no europeo de maratón
Por Redacción |
-
O piragüismo galego viaxa a Dinamarca para revalidar a súa hexemonía na longa distancia
Por Redacción |