Os pontevedreses Diego Piñeiro e Joaquín Iglesias, bronce no europeo de Dinamarca
Por Redacción
O piragüismo pontevedrés segue conseguindo medallas no Campionato de Europa que se está disputando en Silkeborg, Dinamarca.
Á medalla de bronce do grovense Tono Campos hai que sumarlle outros dous metais da mesma cor logrados este venres polos canoístas Diego Piñeiro (EP Ciudad de Pontevedra) e Joaquín Iglesias (Piragüismo Verducido).
Piñeiro foi o primeiro en lanzarse á auga na carreira C1 sub-23, investindo un tempo de 01:55:59.12 para acabar as seis voltas e cinco porteos que constaba a proba.
O padeeiro pontevedrés, debutante nunha cita internacional, terminou nunha meritoria terceira posición por detrás do polaco Adrian Klos de Polonia e do húngaro Mate Zsidai.
Joaquín Iglesias, pola súa banda, conseguiu a segunda medalla do día na regata de K1 sub-23. Loitou por levar o ouro pero tívose que conformar cun bronce.
Trátase do segundo metal nun campionato europeo para o padeeiro do Verducido, que cruzou a liña de meta a tan só nove segundos do gañador, o danés Nikolai Thomsen, e a cinco segundos da prata, que foi para o inglés Charles Smith.
EUROPEO DE MARATÓN|
— PiragüismoEspaña (@RFEPiraguismo) July 29, 2022
¡Otra medalla más para España! DIEGO PIÑEIRO logra el bronce en la categoría C1 sub-23 de Maratón largo
¡Enhorabuena Diego!#SomosPalistas | #CanoESP pic.twitter.com/UuqG36ZZrv
Relacionadas:
-
Jaime Duro, campión do Mundo sub-23 de piragüismo maratón con Diego Piñeiro terceiro
Por Diego Espiño |
-
Diego Romero e Jaime Duro estréanse no Mundial de Maratón cun dobrete na canoa curta
Por Diego Espiño |
-
O Mundial de Ponte de Lima, reto para a armada pontevedresa de piragüismo maratón
Por Redacción |
-
Tono Campos pecha a súa participación no europeo con outro ouro
Por Almu Dapena |
-
Tono Campos proclámase campión de Europa en C-1 de longa distancia
Por Almu Dapena |
-
Tono Campos consegue un bronce no debut do piragüismo galego no europeo de maratón
Por Redacción |
-
O piragüismo galego viaxa a Dinamarca para revalidar a súa hexemonía na longa distancia
Por Redacción |
-
O piragüismo pontevedrés dá a talla no Campionato de España Sprint
Por Redacción |