Jesús Ramos volve ao Pontevedra como adestrador do filial e director deportivo da canteira
Por Diego Espiño
Cambios no staff técnico do Pontevedra Club de Fútbol, que recupera para a causa a Jesús Ramos.
O que fóra adestrador do primeiro equipo regresa ao club para dirixir a próxima tempada ao filial e como novo director deportivo da base.
Ramos xa foi na súa anterior etapa no Pontevedra coordinador das categorías inferiores, ademais de segundo técnico do primeiro equipo ata coller o seu temón primeiro de forma interina e despois de maneira defenitiva na tempada 20/21.
Agora, un ano despois da súa saída, regresa á casa de saída como o 'home de club' que sempre defendeu ser.
O que non seguirá no corpo técnico do Pontevedra será Luismi Areda, que a última tempada compaxinou o seu labor con adestrador do filial coa de analista do primeiro equipo.
"Desexamos agradecer a Luismi o seu granatismo, dedicación e compromiso co Pontevedra Club de Fútbol e desexámoslle todos os éxitos persoais e profesionais na nova etapa que comeza", sinalou a entidade de Pasarón sobre o que foi tamén no pasado xogador e adestrador do primeiro equipo.
Relacionadas:
-
Primeiros apuntamentos de Antonio Fernández ao plantel: "Cando perdo aperto, son incómodo para o rival"
Por Diego Espiño |
-
O Xuíz de Competición valida a inscrición do Pontevedra na Primeira RFEF
Por Diego Espiño |
-
Bota a andar o proxecto do Pontevedra en Primeira RFEF con Seoane e Rufo entre algodóns
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Toni Otero, sobre a opción de fichar a Sergio Marcos e Jon Bakero: "Falamos, as súas pretensións son altas e oxalá puidesen vir"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra comeza a pretemporada este luns coa ausencia de Pacheco e Samu Santos
Por Redacción |
-
Na busca de xogadores sub-23 e con dúas (ou tres) fichas sénior dispoñibles
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra que quere Antonio Fernández: "Un equipo protagonista, que vai querer o balón"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Antonio Fernández promete "traballo e dedicación" na súa presentación co Pontevedra: "Vir aquí é un orgullo"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |