Primeiros apuntamentos de Antonio Fernández ao plantel: "Cando perdo aperto, son incómodo para o rival"
Por Diego Espiño
Segunda xornada de traballo do Pontevedra Club de Fútbol e de novo con dobre sesión de adestramento, esta vez co campo de Gatomorto en Xeve como escenario.
Xa cun maior ritimo tras a toma de contacto do luns, Antonio Fernández empezou a incidir aos xogadores sobre algún dos aspectos que quere que definan ao equipo granate cando de comezo a tempada.
O técnico avanzaba na súa presentación que quería un Pontevedra "protagonista, que vai querer o balón", un sinal de identidade continuista que xa se pode visualizar nos primeiros exercicios con balón, e é que ademais do traballo físico habitual destas datas, ás ordes do recentemente chegado Dani Vila, o preparador parece buscar a intensidade no traballo co coiro polo medio.
É aínda pronto para impoñer o seu propio selo, pero neses exercicios si deixou entrever cal será outro dos aspectos característicos do novo Pontevedra. "Cando perdo aperto, son incómodo para o rival", acertouse a escoitar desde a bancada de Xeve nunha práctica en espazo reducido coa posesión e a presión tras perda como eixos.
Son só uns primeiros apuntes pero significativos dun Antonio Fernández que mostrou a súa satisfacción pola implicación que ve nos seus pupilos.
A boa noticia na sesió matinal deste martes foi ademais comprobar o bo estado de Rufo, a pesar das precaucións avanzadas polo propio adestrador e o director deportivo co obxectivo de evitar sustos tras os seus problemas físicos a final do curso pasado. O dianteiro traballou sen problemas co resto do grupo, e só Diego Seoane fíxoo a un ritmo inferior con traballo específico para fortalecer a zona da pube que lle causou molestias os últimos meses.
Relacionadas:
-
Búscase novo '10' no Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Derik Osede súmase aos adestramentos do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra 'iza velas' coa súa campaña de socios para a Primeira RFEF
Por Diego Espiño |
-
Cinco rivais do Pontevedra, con céspede a estrear
Por Diego Espiño |
-
O Xuíz de Competición valida a inscrición do Pontevedra na Primeira RFEF
Por Diego Espiño |
-
Bota a andar o proxecto do Pontevedra en Primeira RFEF con Seoane e Rufo entre algodóns
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Toni Otero, sobre a opción de fichar a Sergio Marcos e Jon Bakero: "Falamos, as súas pretensións son altas e oxalá puidesen vir"
Por Diego Espiño |
-
Jesús Ramos volve ao Pontevedra como adestrador do filial e director deportivo da canteira
Por Diego Espiño |
-
Na busca de xogadores sub-23 e con dúas (ou tres) fichas sénior dispoñibles
Por Diego Espiño |