Víctor Senra revalida triunfo no Rally de Pontevedra
Por Almu Dapena & Cristina Saiz
E ruxiron os motores esta fin de semana coa celebración do IV Rally de Pontevedra, onde Víctor Senra coroouse tras superar cunha diferenza de 25 segundos ao seu perseguidor máis próximo, Álvaro Meira.
A competición, organizada pola Escudería Congostra Team Sanxenxo e incluída no Campionato Galego, contou este ano coa presenza de 137 vehículos e conseguiu que centos de amantes do mundo automobilístico se concentrasen en zonas de Meaño, Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro e Moraña para gozar do Rally.
A proba inaugurouse a partir das 19:33 horas do venres, na zona do polígono industrial de Nantes baixo a intensa choiva, que non impediu a celebración dunha carreira que comezaron mandando Alberto Meira e Avelino Martínez co seu Skoda Fabia R5.
Meira e Martínez marcaron o mellor tempo (2:54.629) pero cunha mínima vantaxe sobre Alberto Nimo e Jose Pintor (+0.299). Terceiros foron Fran Dorado e Jose Murado (+0.299), cuartos Víctor Senra e 'Jandrín' López (+2.985) e quintos Jorge Pérez e Miriam Vera (+7.955).
Na segunda sección do Rally de Pontevedra houbo un cambio de dominador, pasando a liderar a clasificación o Fabia Rally2 conducido por Victor Senra e 'Jandrín' López.
Senra e López marcaron o scratch en Meaño e en Campo Lameiro e avantaxaron en 12,8 segundos a Alberto Meira e Avelino Martínez, os mellores en Cerdedo. Pola súa banda, Jorge Pérez e Miriam Vera ascenderon á terceira praza, aínda que unha buxaina en Campo Lameiro fíxolles perder bastante tempo (+1:14.350); Tino e Jorge Iglesias ascenderon á cuarta praza (+2:07.202), e Couceiro e Gustavo Piris á quinta (+2:19.648).
Seguiron impoñendo o seu ritmo Víctor Senra e 'Jandrín' López, sendo os máis rápidos da súa clase e sacando tres segundos aos seus perseguidores, Jorge Pérez e Miriam Vera e Alberto Meira e Avelino Martínez.
A última dupla último non se rendeu e tentou roubar o scratch ao Fabia Rally2, que acabou cun tempo de 1h12:13.169 e sacándolle 25 segundos ao motor de Meira e Martínez na clasificación xeral (1h12:38.702). O podio completárono Jorge Pérez e Miriam Vera, a máis de dous minutos (1h14:31.740).
Consulta os resultados nesta ligazón
Relacionadas:
-
A paixón polo automobilismo chega ao Colexio A Florida
Por Redacción |
-
O Rally de Pontevedra pecha inscricións con 128 participantes
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas repite como escenario dun dos tramos cronometrados do Rallye Rías Baixas
Por Redacción |
-
A regularidade de Javier Ramilo lévao ao triunfo no II RallyMix Concello de Ribadumia
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
O RallyMix de Ribadumia aposta por crecer na súa segunda edición
Por Redacción |
-
O Rally de Pontevedra quenta motores: Así será a súa cuarta edición
Por Diego Espiño |
-
O Rally de Pontevedra reunirá a 130 participantes na fin de semana de San Xoán
Por Redacción |
-
Vela, loita, balonmán praia e automobilismo no mes de xuño máis deportivo de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Moraña verá pasar a cuarta edición do Rally de Pontevedra
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade repetirá en 2022 como sede dun dos tramos do Rally de Pontevedra
Por Redacción |
-
Víctor Senra gaña con autoridade a III edición do Rally de Pontevedra
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |