O Rally de Pontevedra reunirá a 130 participantes na fin de semana de San Xoán
Por Redacción
A cuarta edición do Rally de Pontevedra, que se disputará os días 24, 25 e 26 de xuño, presentouse este mércores no Real Club Náutico de Sanxenxo nun acto que contou coa presenza de representantes da escuadra organizadora, Congostra Team coa súa presidenta Diana Rivas; o concelleiro de Deportes de Sanxenxo, Daniel Arosa; o presidente da Federación Galega de Automobilismo, Iván Corral; o deputado de Deportes, Gorka Gómez; e o secretario xeral de Deportes, José Ramón Lete Lasa.
A organización prevé que a cita deportiva alcance os 130 participantes que atraerán a miles de espectadores aos distintos tramos da proba que percorrerá Sanxenxo, Meaño, Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro e Moraña.
O punto de saída do 24 de xuño será desde a rúa Rafael Picó, a partir das 19 horas. Desde alí sairán cara ao parque empresarial de Nantes onde terá lugar unha exhibición, concluíndo a xornada no parque de traballo que se situará no campo de fútbol de Baltar.
O sábado 25, os participantes volverán saír de Baltar para percorrer Meaño, Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro e Moraña. Ao final da xornada os vehículos sumarán máis de 118 quilómetros cronometrados, que converten a este rally na etapa con máis quilómetros percorridos ata a data. A xornada concluirá cun parque pechado en Rafael Picó a partir das 20.30 horas.
A entrega de trofeos realizarase un ano máis no Real Club Náutico de Sanxenxo, onde estará instalada a oficina central da proba durante toda a fin de semana.
Relacionadas:
-
A comarca de Pontevedra será escenario de sete rallys ao longo do 2023
Por Manu Otero |
-
Víctor Senra revalida triunfo no Rally de Pontevedra
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Rally de Pontevedra quenta motores: Así será a súa cuarta edición
Por Diego Espiño |
-
A Subida Cidade de Pontevedra estudia so seu traslado ao Pontillón en 2023
Por Manu Otero |
-
Moraña verá pasar a cuarta edición do Rally de Pontevedra
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade repetirá en 2022 como sede dun dos tramos do Rally de Pontevedra
Por Redacción |