Diagnosticadas de cancro de mama e competindo na Copa de España de Barco Dragón de Piragüismo
Por Redacción
Unha embarcación composta por usuarias da Asociación de Diagnosticad@s de Cancro de Mama (Adicam) competirá no encoro de Pontillón do Castro na II Copa de España de Barco Dragón en distancia de 500 metros.
Será o vindeiro sábado 25 de xuño dentro da competición nacional de piragüismo e que conta cunha inscrición de 350 deportistas de 12 clubs procedentes de Galicia, Madrid, Asturias, Valencia, Andalucía e Murcía. Serán en total 65 as embaraciones que participarán na cita.
Trátase da primeira ocasión na que unha nave galega BCS (Breast Cancer Survivors) de mulleres que padecen esta patoloxía participa nunha proba deste nivel.
Así se explicou este mércores na presentación oficial da Copa de España desta modalidade de piragüismo, que contou coa presenza do edil de Deportes, Tino Fernández; o secretario da Federación Galega de Piragüismo, Félix Lamas; o presidente da EP Ciudad de Pontevedra, Óscar Ponte; a fisioterapeuta Yoana González; a traballadora social de Adicam María Martínez; e as compoñentes da embarcación BCS que protagonizarán a regata.
Ademais "o domingo 26 haberá tamén un selectivo nacional nas mesmas instalacións, no que hai seis barcos rexistrados e que será clasificatorio para participar no Campionato de Europa de Barco Dragón", explicou Félix Lamas, secretario da Federación Galega de Piragüismo.
En canto ao barco sobre o que estarán postas moitas miradas, "non somos un equipo, somos unha familia, estamos moi unidas e apoiámonos unhas a outras. Todas damos o máximo de nós. No río non hai problemas, é outra sensación. Estamos a desexar ir competir. Non teño máis que palabras de agradecemento para a asociación e o Ciudad Pontevedra", sinalou unha dos seus integrantes, Isabel Millán.
Tamén a fisioterapeuta Yoana González explicou o labor que desenvolven desde a facultade de Fisioterapia colaborando con Adicam. "Nós o que facemos é axudarlles a que entren no mundo deportivo coas mellores condicións posibles. Cando pasamos por unha enfermidade, a práctica deportiva tense que adaptar ao estado no que estamos. Hai estudos científicos que avalan as melloras dunha actividade como o Dragon Boat a nivel físico e mental, polo que realizamos unha valoración funcional para ver, por exemplo, como podemos empregar o brazo afectado polo cancro de mama".
Todo un exemplo de superación que se visibilizará con motivo da Copa de España de Barco Dragón en Verducido.
Relacionadas:
-
Visibilizando o cancro de mama: "Entendémonos porque todas pasamos polo mesmo"
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Libélulas, mulleres que fan equipo contra o cancro de mama
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Sobreviventes de cancro saen á rúa para reivindicar que "hai vida despois do cancro"
Por María José Pita |
-
O equipo pontevedrés de Dragon Boat BCS toma rumbo cara o Campionato de Europa
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Doce pontevedresas diagnosticadas de cancro viaxan a Asturias para participar nunha competición de 'dragon boat'
Por Redacción |
-
As 'xóvenes promesas' do piragüismo galego quentan motores en Verducido para o Campionato de España
Por Redacción |
-
Máis dun centenar de comercios colaboran na "cea solidaria" da asociación contra o cancro
Por Redacción |
-
A EP Ciudad de Pontevedra, mellor club na Copa de España de Barco Dragón
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
A Escola de Piragüismo Ciudad de Pontevedra destaca na 'Dragon Boat'
Por Redacción & Diego Torrado |