Judith Cobas roza o triunfo no Spain Masters de tenis de mesa
Por Redacción
A actividade do Tenis de Mesa Monte Porreiro non se detén tras o final das ligas, e é que os deportistas do club pontevedrés participaron en datas recentes en varias competicións.
Unha das máis sinaladas foi o Spain Masters celebrado na localidade granadina de Veigas de Genil, na que destacou o papel de Judith Cobas.
A xogadora do club pontevedrés quedou a un paso da fazaña despois de tres días de competición, chegando á final e cedendo unicamente no partido decisivo fronte á madrileña Ángela Rodríguez, ademais nun encontro de infarto que se decidiu por un apertado 3-2.
Tratábase dun campionato de gran nivel cos e as mellores xogadoras do país loitando por unha praza para representar a España no próximo Campionato de Europa.
O Monte Porreiro foi o club con maior representación no Spain Masters ao acudir con cinco xogadoras, a pesar da baixa por lesión de Míguel Ángel Vílchez, ao completar o equipo Claudia Canay, Noelia Santiago, Laura Forte e Mariña García.
Doutra banda a localidade coruñesa de Narón acolleu a pasada fin de semana o último MiniSpin da tempada, programa de novos talentos da Real Federación de Tenis de Mesa no que estiveron presentes catro representantes do Monte Porreiro como son Emma Álvarez, Candela Oubiña, Lucas Vázquez e Xabier Fernández.
Sensacións en xeral moi positivas para o club nas súas diferentes categorías mirando cara a un dos seus próximos retos, o Campionato de España de Categorías Inferiores que se celebrará en Cartaxena do 27 de xuño ao 8 de xullo.
Relacionadas:
-
O Concello inicia co Tenis de Mesa Monte Porreiro "unha recua de recepcións que temos pendentes"
Por Redacción |
-
O TM Monte Porreiro conclúe unha tempada histórica con tres platas e tres bronces no Campionato de España
Por Almu Dapena |
-
O TM Monte Porreiro perde ante o Sant Cugat e despídese do ascenso (4-0)
Por Almu Dapena |
-
O equipo feminino do TM Monte Porreiro, inmerso na carreira polo ascenso, recibe o respaldo do Concello
Por Redacción |
-
Un set deixa o TM Monte Porreiro fóra de Europa (3-3)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |