Partido a vida ou morte para o Arosa na casa do Leganés B: "Está claro que non podemos fallar"
Por Diego Espiño
Todo por decidir para o Arosa, que a falta de dúas xornadas para o final da liga na Segunda RFEF xógase o todo ou nada pola permanencia.
"Agora quédannos 180 minutos onde nos estamos xogando a vida. A marxe de erro cada vez é máis pequeno, está claro que non podemos fallar", recoñece o preparador arlequinado, Luisito, antes de visitar este domingo 8 de maio en horario unificado (12.00 horas) o feudo do Leganés B.
Con dous partidos por disputar os de Vilagarcía, tras o seu vital triunfo na Lomba da pasada xornada, ocupan o posto de play-out empatados a puntos (38) co Móstoles e con só un de vantaxe sobre Marino, Salamanca e Llanera, todos eles en descenso, e están a tres puntos da salvación directa. Pola súa banda o filial madrileño, con 42 puntos, aspira a certificar a súa continuidade na categoría.
"Se gañamos damos un paso tremendo pola salvación, imos ir alá a gañar", asegura Luisito, aínda que sinalando que "a prioridade é que temos que tentar manter a portería a cero".
En canto ao rival, o técnico avisa do perigo dun Leganés B que "ten tres dianteiros dunha envergadura tremenda, e ten futbolistas por fóra súper rápidos".
A importante cita arlequinada perderana Campillo e Pablo Porrúa por sanción.
O colexiado do encontro será o alacantino Carlos Albaladejo García, cun bo precedente para o Arosa esta campaña xa que o único partido que coincidiron saldouse con triunfo vilagarcián por 1-2 no campo do Móstoles, na xornada 15.
Relacionadas:
-
O Arosa agasalla dúas invitacións por socio para a batalla final pola permanencia
Por Manu Otero |
-
O Arosa complica a súa permanencia tras a derrota en Leganés (3-0)
Por Almu Dapena |
-
Javi Fontán dá tres puntos de ouro o Arosa no partido contra o Móstoles (1-0)
Por Redacción |
-
Vilagarcía entrega a medalla de ouro da cidade ao Arosa
Por Redacción |