O Arosa agasalla dúas invitacións por socio para a batalla final pola permanencia
Por Manu Otero
O Arosa xógase a permanencia en 2ª RFEF o vindeiro domingo na Lomba contra o Bergantiños. Os de Luisito só poden aspirar ao posto de playout e para conquistalo necesitan sumar os tres puntos esperar que o Marino perda ou empate na súa visita ao Navalcarnero.
Existe tamén a opción na que se dea un múltiple empate a 41 puntos por esa praza de promoción, na que serían os puntos conseguidos nos enfrontamentos directos entre os equipos implicados para determinar as posicións finais.
Co obxectivo de encher o estadio e xerar un ambiente propicio para obrar un pequeno milagre, desde o club lanzaron unha oferta especial para socios. Desde este martes e durante toda a semana, estará instalada unha carpa na Praza de Galicia de Vilagarcía á que cada abonado pode achegarse para retirar dúas invitacións.