O Pontevedra repite promoción para recibir o Langreo, cunha invitación de balde para cada socio
Por Redacción
"Catro partidos que teñen que ser catro finais". Con esa frase o Pontevedra Club de Fútbol deu a coñecer o prezo das entradas para o importante encontro do próximo domingo 24 de abril (17.00 horas) fronte ao Langreo no Estadio Municipal de Pasarón.
Do mesmo xeito que nas dúas últimas xornadas que actuou o equipo como local, a entidade granate decidiu premiar aos seus socios permitíndolle retirar unha entrada para un acompañante sen custo.
Estas entradas de balde poderanse retirar nas oficinas do club ata o venres (9.00 a 14.00 e 16.00 a 19.00 horas) e tamén reservar enviando un correo electrónico a socios@pontevedracf.com ata o venres ás 19.00 horas para recollela en despacho de billetes o propio domingo.
No que respecta ao prezo das entradas de público xeral, mantense sen cambios con respecto ás últimas semanas ao fixarse en 25 euros para a bancada de Tribuna, 15 euros para Preferencia e o Fondo Norte e 10 euros para o Fondo Sur. No que respecta a os menores de 16 anos deberán abonar 15 euros en Tribuna e 5 euros no resto de bancadas.
Promoción socios
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) April 19, 2022
4 partidos que tienen que ser 4 finales
Domingo 23
17:00
Municipal de Pasarón
@UPLangreo
Una entrada GRATIS para cada socio en su misma grada pic.twitter.com/h0TNAGGpY2
Relacionadas:
-
O Pontevedra recupera o liderado cun triunfo merecido e sufrido fronte ao Langreo (3-2)
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
Ángel Rodríguez ten claro o substituto de Rubio fronte ao Langreo: "Agora o que fai falta é que ese xogador se reivindique"
Por Diego Espiño |
-
Brais Abelenda vese máis anos no Pontevedra: "Se as cousas van ben esperemos seguir aquí"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Desestimado o recurso do Pontevedra pola segunda tarxeta a Alberto Rubio na Lomba
Por Diego Espiño |
-
Álvaro Cortés engrosa a enfermería do Pontevedra por "un problema muscular no abdutor"
Por Redacción |
-
Alberto Rubio, sanción segura aínda que prospere un recurso do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Ángel Rodríguez: "Este árbitro pitounos na casa, equivocouse e a sensación que che dá é que quere compensar"
Por Diego Espiño |
-
Empate insuficiente para Arosa e Pontevedra nun derbi de alta voltaxe (1-1)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |