![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/a11/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MgJyq/Lzc52L8gt0zCwMdI_/_wNDHSSU/NKUot0SvILlKxrAQ==_/625ffbc59e-20220420-patxot-brais-abelenda-3553.jpg)
© Mónica Patxot
Brais Abelenda vese máis anos no Pontevedra: "Se as cousas van ben esperemos seguir aquí"
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/b70/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/625ffbba5e-20220420-patxot-brais-abelenda-3556.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/e88/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/625ffbd07c-20220420-patxot-brais-abelenda-3555.jpg)
© Mónica Patxot
É un dos xogadores da tempada no Pontevedra Club de Fútbol, perdéndose só un encontro de liga ata a data por problemas físicos e sendo titular nas 29 xornadas restantes, xa sexa para xogar en banda ou en punta.
Esa polivalencia, unido aos 10 goles que suma na súa conta particular, fixeron que Brais Abelenda sexa elixido pola afección granate como Premio Estrella Galicia ao mellor xogador do equipo durante o mes de marzo, un recoñecemento recibido este mércores que lle agrada pero sen perder de vista que "o principal é o do final de tempada, que é o que queremos todos".
Abelenda está convencido de que o Unión Adarve pode deixar puntos polo camiño, empezando esta fin de semana con "un partido moi complicado en Carballo", por iso "nós non podemos volver a fallar estes catro partidos que quedan, temos que sacar os 12 puntos e penso que se secamos os 12 puntos podemos ser campións", defendeu ante os medios de comunicación.
O gran nivel que mostrou desde a súa chegada a Pasarón fixo que moitos equipos pensen nel para o futuro, pero "se as cousas van ben esperemos seguir aquí", afirmou o atacante asegurando que "este ano estou a verdade moi cómodo, atópome moi cómodo no vestiario e dentro do campo xogando, penso que o noso estilo que temos de ter a pelota me ven moi ben, saca as miñas mellores virtudes". Claro que "nesto do fútbol non se sabe", recoñeceu.
En todo caso agora mesmo "o máis importante é centrarnos neste partido de Langreo, que xa na ida nos custou moito, gañamos 1-2 e tamén tivemos que remontar",, defende un Brais Abelenda agradecido polo apoio da afección pontevedresa desde a súa chegada e en especial as últimas semanas ao ser algo que "axuda aos xogadores a conseguir os resultados".
Relacionadas:
-
O Pontevedra recupera o liderado cun triunfo merecido e sufrido fronte ao Langreo (3-2)
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
Ángel Rodríguez ten claro o substituto de Rubio fronte ao Langreo: "Agora o que fai falta é que ese xogador se reivindique"
Por Diego Espiño |
-
Desestimado o recurso do Pontevedra pola segunda tarxeta a Alberto Rubio na Lomba
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra repite promoción para recibir o Langreo, cunha invitación de balde para cada socio
Por Redacción |
-
Álvaro Cortés engrosa a enfermería do Pontevedra por "un problema muscular no abdutor"
Por Redacción |
-
Alberto Rubio, sanción segura aínda que prospere un recurso do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Ángel Rodríguez: "Este árbitro pitounos na casa, equivocouse e a sensación que che dá é que quere compensar"
Por Diego Espiño |
-
Empate insuficiente para Arosa e Pontevedra nun derbi de alta voltaxe (1-1)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |