Empate insuficiente para Arosa e Pontevedra nun derbi de alta voltaxe (1-1)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz
Unha semana duroulle o liderado ao Pontevedra Club de Fútbol, que cedeu este domingo o primeiro posto ao non poder pasar do empate na Lomba fronte a un combativo Arosa nun derbi de alta intensidade. Un empate que de pouco vale aos dous equipos, xa que tampouco permite ao conxunto arlequinado escapar dos postos de descenso.
Era o primeiro partido de Luisito no banco arosista e puxo en xogo un plantexamento de saída no que poboou o centro do campo para dificultar a saída de balón visitante, co músculo de Pedro Beda na punta de ataque. Pola contra Ángel Rodríguez poñía toda a carne no asador ao saír de inicio cos seus dous dianteiros, Charles e Rufo, despois de moitas xornadas sen facelo.
Como bo derbi a intensidade era grande desde o inicio no verde e na bancada, ante a nutrida presenza de seguidores dos de Pasarón, sendo o Pontevedra que o levaba a iniciativa pero cun Arosa ben posicionado que apenas deixaba espazos.
Non foi ata o minuto 8 cando chegou o primeiro achegamento, sen finalización clara, nunha falta lateral sacada por Yelko que Churre tocaba de cabeza no primeiro pau atopando seguro a Álex Cobo para despexar.
A pelexa centrábase na medular e os minutos ían pasando sen excesivo perigo en ambas as dúas porterías, máis aló dun centro de Santi Figueroa rematado por Brais alto, mentres que o Arosa respondía no minuto 22 cun balón longo cara a Pedro Beda que o ariete controlaba co peito antes de disparar potente, aínda que sen apenas ángulo, para forzar un saque de esquina.
Ao fío da media hora empezaba a atopar aos poucos algo de espazo o equipo da Boa Vila. Homes como Yelko, Brais ou Rubio empezaban a conectar entre liñas facendo retroceder á zaga vilagarciá ata un bloque defensivo baixo. A sensación de perigo visitante era cada vez maior, aínda que sen atopar portería tanto Álex González nun disparo desde a frontal como Charles nun remate forzado.
Sen ser brillantes eran os mellores minutos do Pontevedra e con todo o que chegou foi o 1-0 do Arosa. Brais cometía aos 35 minutos unha evitable falta sobre Luismi no pico da área que Cotilla, cun potente disparo coa zurda ao pau que cubría o gardameta, convertía en gol sorprendendo a un Cacharrón que chegou a tocar o coiro sen lograr evitar que se coase no fondo da portería.
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) April 17, 2022
Que auténtico golazo de falta directa acaba de anotar @sergio_coty para poñer por diante o @AROSASCOFICIAL no derbi da Lomba
Vémolo na G2
Ou na web https://t.co/gbTKBSjwyW pic.twitter.com/qcZvJmhqc6
Premio á intensidade arlequinada ante un Pontevedra ao que, unha vez máis, tocáballe remontar se non quería ver como escapáballe das mans o recentemente estreado liderado.
Co empuxe do gol o equipo local chegou unha vez máis con perigo antes do descanso nunha contra de Cotilla polo perfil zurdo que Diego Diz remataba ás mans do porteiro. Tamén os de Ángel Rodríguez roldaron a igualada nun envío de Yelko á caída en banda de Rufo cun posterior centro raso ao que chegou Santi Figueroa en posición inmellorable pero que taponou a perna dun defensor.
O guión mantívose tras o paso por vestiarios. Luisito non cambiou o que lle funcionaba e os granates, vestidos co seu segundo equipamento, insistían no seu acoso sen acerto na finalización.
Non foi de feito ata o minuto 60 de xogo cando chegou o primeiro disparo entre os tres paus con perigo dos visitantes, ao aproveitar Rufo unha deixada de Charles para rematar á media volta desde a frontal atopando unha gran estirada de Álex Cobo.
Ángel Rodríguez movía o banco para ir con todo a pola remontada, e as ocasións empezaron a chegar, primeiro nun centro do recentemente ingresado no campo Oier Calvillo que cae a Charles na área pero cuxo disparo tocou nas costas dun defensor cando ía para dentro. Nese saque de esquina foi Javi Rey o que, en posición inmellorable e sen oposición, remataba de cabeza alto, e pouco despois Brais gozaba doutra opción moi clara que enviaba alta.
O Arosa defendíase con garra esperando a súa opción á contra a medida que o Pontevedra envorcábase máis e máis en ataque, e esa opción chegou no minuto 76. Luís Nuño aguanta o fóra de xogo na liña de medio campo para encarar só a Cacharrón, gañando o envite o porteiro para manter ao seu equipo no partido.
Foi xusto antes de que o colexiado reclamase tamén o seu protagonismo. Era o mesmo árbitro que dera por válido o gol de Charles na ida en Pasarón en claro fóra de xogo, e na Lomba a polémica chegou pola expulsión do pontevedrés Alberto Rubio por unha dobre caída dentro da área. Non pareceu penalti a primeira delas, pero na segunda o contacto foi claro, máis aló de se foi ou non suficiente para sinalar a pena máxima. O castigo da expulsión semellou excesivo.
En inferioridade numérica a empresa parecía que se volvía imposible para o Pontevedra, aínda que cousas do fútbol na seguinte acción chegaría a igualada. Era o minuto 79 de partido cando Yelko habilitaba a Álex González na súa subida polo costado zurdo, o capitán centraba raso con potencia e Charles metía a punteira no primeiro pau. O seu remate íase á madeira pero Rufo, moi atento, chegou sobre a liña de gol para remachar e poñer o 1-1.
Como se pon o partido na Lomba!
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) April 17, 2022
@AROSASCOFICIAL
@PontevedraCFSAD
Quedou cun menos o Pontevedra pola expulsión de @a10_rubio (dobre cartón amarelo, as dúas teoricamente por simular penalti)
E na seguinte xogada @rufinho9 (ou @Charlesbrau9 ) marcan o empate! pic.twitter.com/G4Vv8fLHce
Quedaban 10 minutos e todo podía pasar. De feito puido decantarse o derbi para calquera das dúas partes, aínda que a opción máis clara foi de Charles ao fío do 90 tras pase ao espazo de Romay, cruzando demasiado o dianteiro brasileiro.
Ao final repartición de puntos que non contenta a ninguén e que deixa por unha banda ao Arosa con 35 puntos a 2 da salvación e ao Pontevedra faille caer á segunda praza, a 1 punto do Unión Adarve a catro xornadas do final da liga.
AROSA SC (1): Álex Cobo, Javi Fontán, Campillo, Ross, Cotilla, Alberto Martín, Pedro García, Diego Diz (Fajardo, min.86), Julio Rey (Pablo Porrúa, min.70), Luismi, Pedro Beda (Luis Nuño, min.59).
PONTEVEDRA CF (1): Cacharrón, Santi Figueroa (Oier Calvillo, min.62), David Soto, Churre, Álex González, Miguel Román (Javi Rey, min.62), Yelko Pino, Rubio, Brais Abelenda, Rufo (Romay, min.84), Charles.
Árbitro: Alexandre López Vila, auxiliado por Vázquez Penas y Oreiro Hermida (Galicia). Amonestó a Javi Fontán y Ross en el Arosa y a David Soto en el Pontevedra. Expulsó a Rubio por doble amarilla (min.77).
Goles: 1-0 Cotilla (min.35); 1-1 Rufo (min.79).
Incidencias: Partido da xornada 30 de liga no Grupo I da Segunda RFEF disputado no Estadio Municipal da Lomba ante ao redor de 2.000 espectadores, con una grande presenza de afeccionados visitantes.
Relacionadas:
-
A Lomba abre as súas portas para a final pola permanencia entre Arosa e Móstoles
Por Manu Otero |
-
Un penalti no desconto condena o Arosa en casa do Compostela (2-1)
Por Almu Dapena |
-
O efecto Luisito ameaza a un Compostela en caída libre
Por Redacción |
-
Ángel Rodríguez ten claro o substituto de Rubio fronte ao Langreo: "Agora o que fai falta é que ese xogador se reivindique"
Por Diego Espiño |
-
Brais Abelenda vese máis anos no Pontevedra: "Se as cousas van ben esperemos seguir aquí"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Desestimado o recurso do Pontevedra pola segunda tarxeta a Alberto Rubio na Lomba
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra repite promoción para recibir o Langreo, cunha invitación de balde para cada socio
Por Redacción |
-
Autobuses gratuítos para apoiar o Arosa na súa visita ao Compostela
Por Redacción |
-
Álvaro Cortés engrosa a enfermería do Pontevedra por "un problema muscular no abdutor"
Por Redacción |
-
Alberto Rubio, sanción segura aínda que prospere un recurso do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Luisito: "Tivemos o 2-0 con Luís Nuño e aí foi a clave na que se puido resolver o partido"
Por Diego Espiño |
-
Ángel Rodríguez: "Este árbitro pitounos na casa, equivocouse e a sensación que che dá é que quere compensar"
Por Diego Espiño |
-
Martín Diz, un vilagarcián que se estrea na Lomba... de visitante: "Vai ser especial"
Por Diego Espiño |
-
A 'Marea Granate' desborda as previsións para o derbi da Lomba
Por Redacción |
-
Ángel Rodríguez pide "afrontar o partido como uno máis" ante o Arosa
Por Diego Espiño |
-
Luisito desembarca no Arosa para o que queda de tempada e unha máis: "Non é unha situación insalvable"
Por Diego Espiño |
-
O Arosa declara o derbi co Pontevedra como "medio día de axuda ao club"
Por Redacción |
-
Jorge Otero, destituído como adestrador do Arosa: "Oxalá que o equipo consiga o obxectivo"
Por Diego Espiño |
-
Unha comuñón equipo-afección clave para Churre :"Están a darnos ese plus que en certos minutos fainos falta"
Por Diego Espiño |