Ángel Rodríguez incide no penalti non pitado a Brais Abelenda: "Es imposible que no lo haya visto, lo hemos visto todos"
Por Almu Dapena
Amargo e frío empate o que conseguiu o Pontevedra CF este domingo en Pasarón ante o Marino de Luanco, marcado claramente pola actuación dun árbitro que anulou un gol para Charles a falta de 20 minutos para o final e que non viu un penalti sobre Brais Abelenda no 89. Dúas xogadas en grao sumo clamorosas que foron as protagonistas na rolda de prensa de despois do encontro.
"Es imposible que no lo haya visto, lo hemos visto todos", sinalou Ángel Rodríguez, técnico do cadro granate, en relación ao penalti non pitado a Brais Abelenda. "Se me antoja difícil pensar o que no lo ha querido pitar, pero ha sido uno de los penaltis más claros que hemos visto esta temporada".
Ademais do penalti, uns minutos antes o colexiado anulou un gol a Charles por unha inexistente falta de Yelko Pino sobre o porteiro, outra das accións "muy determinantes que el árbitro no ha visto o las ha visto diferentes al resto de Pasarón", indicou Rodríguez.
No que respecta ao xogo do equipo, é verdade que "no ha estado tan fluído como otras veces, uno quiere que el equipo sea rápido y dinámico pero hay que contar con los rivales", afeitos vir ao templo granate a defender. "Se meten tan atrás y se reducen los espacios, empiezas a tener imprecisiones y el equipo se pone nervioso, buscando marcar el segundo gol antes que el primero", afirmou o asturiano, consciente da dinámica "de fallos y errores no forzados" que cometeron os seus xogadores.
É verdade que o Marino estivo "bien plantado" sobre o terreo de xogo, "esperando el error y apertando". Ademais, "en el apartado físico estaban enteros y lo han hecho bien aunque conforme iba pasando el partido también a ellos les iban pesando las piernas", momento que aproveitou o Pontevedra para incidir polas bandas para atopar posibilidades de facer un gol que nunca chegou.
Independentemente diso, Ángel Rodríguez incide, por encima de todo, en que "las acciones han sido muy puntuales" e con que "la han liado para montar un cambio, no sabían ni las ventanas que llevaba el contrario. Es difícil entender que en los últimos minutos no se haya jugado nada", lamenta o técnico. "Debería ampliar el tiempo de descuento y no lo ha hecho".
A pesar diso, o asturiano é consciente de que "vamos a pasarlas canutas para conseguir el ascenso, estamos bien posicionados, dependemos de nosotros y queda mucho", afirmou.
Por parte do Marino de Luanco compareceu en rolda de prensa Pablo Fernández, preparador físico do equipo, indiferente ante as decisións do colexiado. Para Fernández "el árbitro hizo su trabajo, no sé si para bien o para mal. Ha estado correcto", indicou.
Relacionadas:
-
O Pontevedra reduce a carga dos seus adestramentos para que o equipo volva voar
Por Manu Otero |
-
Miguel Román, sancionado; Churre, Seoane e Brais, ao bordo da suspensión
Por Manu Otero |
-
Charles é optimista sobre a súa lesión: "Non creo que sexa nada grave"
Por Redacción |
-
O árbitro, triste protagonista nun polémico empate do Pontevedra contra o Marino (0-0)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Ángel Rodríguez: "Para moitos o gusto é que xogue con dous dianteiros fixos, Charles e Rufo, pero para min o gusto é outro"
Por Diego Espiño |
-
Marino de Luanco, unha volta despois do partido que supuxo un punto de inflexión para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Rufo recupera o sorriso e deixa atrás a sombra da súa lesión: "Pensaba que me ían a quedar secuelas"
Por Diego Espiño |