Alcobendas deixa o Teucro co mel nos beizos (28-27)
Por Almu Dapena
A Sociedad Deportiva Teucro deixou escapar a vitoria na súa visita ao Alcobendas este sábado cando podía, polo menos, rascar un punto en grao sumo valioso para a fase pola permanencia. O conxunto adestrado por Irene Vilaboa desperdiciou o seu último ataque e serviu o triunfo en bandexa aos madrileños, que anotaron o tanto decisivo a quince segundos do final (28-27).
Tardou en meterse no partido o Teucro, que vía como as súas chegadas a portería rival as truncaba o gardameta dun Alcobendas que se colocaba cun parcial de 5-2 aos sete minutos de xogo.
Parou o tempo de Irene Vilaboa e deu coa tecla a adestradora pontevedresa, conseguindo a reacción dos seus para facer dano ao contragolpe e reducir diferenzas en ata un tanto aproveitando a superioridade numérica pola exclusión de Mario Nevado (6-5).
Con todo foi o Alcobendas o que rexurdiu cunha defensa 5-1 que impedía ao Teucro lanzar de maneira cómoda e volvía atoparse cunha laxa de catro goles de diferenza (10-6). Pero lonxe de renderse, os xogadores azuis imprimiron unha marcha máis para colocarse a un tanto do seu rival, que aparecía e desaparecía por momentos incapaz de atoparse cómodo, mentres os pontevedreses lograban chegar vivos á segunda parte despois duns primeiros 30 minutos cheos de altibaixos (16-14).
Despois do paso polos vestiarios mantívose unha igualdade practicamente total. Alcobendas mantiña a diferenza de tan só un gol e Teucro aproveitaba a superioridade numérica pola exclusión de Sergio Lozano para poñerse por diante no marcador por primeira vez no encontro.
Así foron pasando os minutos, os de Lérez anotaban e os madrileños respondían nun intercambio de golpes nos que ningún conxunto era capaz de marcar a diferenza. Só o Alcobendas, aos 19 de xogo e cun xogador menos sobre a cancha, colocábase con dúas tantos de vantaxe (24-22).
Afeitos remar ao contraxeito, os xogadores pontevedreses puxéronse ao choio para dar a volta ao marcador mesmo despois de que o técnico local parase o cronómetro. Kilian Ramírez fixo das súas para atallar un lanzamento desde os sete metros de Ignacio Gimeno e Alejandro Pereiro, o máis activo do Teucro en ataque, devolvía o golpe. Ademais, tamén xurdía a figura de Gonçalo coa que subía o 24-26 ao luminoso a falta de catro minutos para o final.
Con todo, o que parecía un novo triunfo para os azuis converteuse nun pesadelo. A exclusión de Martín Davila a dous minutos da conclusión e o vendaval de tantos de Gonzalo Velasco (8 goles), deixaban ao Teucro co mel nos beizos na recta final (27-27).
E aínda que os de Pontevedra tiveron a opción de gañar a partida aos locais a trinta segundos do bocinazo, precipitáronse e regalaron o último ataque ao seu rival, que non desaproveitou a oportunidade para anotar o 28-27 co que concluíu o duelo.
Consulta as estatísticas do Alcobendas-Teucro
Relacionadas:
-
O Teucro sucumbe ante o Guadalajara no partido aprazado da xornada 9 (27-32)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
A permanencia do Teucro pende dun fío tras caer en casa contra o Amenábar (25-30)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Teucro regala entradas aos seus socios e convida os equipos galegos de base aos seus dous próximos partidos
Por Redacción |
-
O Teucro complícase na casa do Villa de Aranda (27-22)
Por Almu Dapena |
-
O Teucro visita ao Villa de Aranda nunha das súas últimas opcións de conseguir "puntos reais" para a segunda fase
Por Redacción |
-
Teucro e Cisne esquecen o derbi para centrarse de novo nos seus obxectivos
Por Redacción |
-
O Cisne leva o derbi do orgullo (31-25)
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
O Teucro rexorde con remontada e triunfo sobre a bucina no derbi contra o Atlético Novás (27-26)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Teucro cae con dignidade en Burgos (25-22)
Por Almu Dapena |
-
Un combativo Teucro resiste no primeiro tempo en Zarautz pero desfallece no segundo (27-22)
Por Redacción |