O Teucro sucumbe ante o Guadalajara no partido aprazado da xornada 9 (27-32)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz
O cansazo e os erros non forzados condenaron á Sociedade Deportiva Teucro este domingo no Pavillón Municipal onde se mediu ao segundo clasificado, o Guadalajara, no partido aprazado da xornada 9 da División Honra Prata.
A primeira metade arrincou co Teucro dubitativo e cedendo un parcial de 0-2. Igualou enseguida o conxunto pontevedrés con dous tantos de Ricardo González, dando paso a uns minutos no que as defensas se impuxeron aos ataques, o que fixo que o marcador chegase ao minuto 8 cun 4-4.
Pero a partir de aí os xogadores de Irene Vilaboa apagáronse, en parte pola descualificación de Alejandro Pereiro que deixaba ao seu equipo en cadro. Ademais, o cadro visitante empezou a impoñer un ritmo máis elevado que lle custou seguir ao Teucro, en parte polo cansazo acumulado do día anterior e a falta de acerto para portería.
Así, o Guadalajara abriu brecha no luminoso, liderado por un Fran Lombardi que, con sete goles, converteuse nun pesadelo para os locais, que moito tiñan que loitar na segunda metade para remontar a renda de cinco goles en contra (11-16).
A Sociedade Deportiva Teucro era incapaz de superar a férrea defensa do equipo da Mancha, e é que o xogo visitante seguía sendo moi superior co paso dos minutos, polo que o partido converteuse nun mero trámite no que a diferenza aos dous minutos xa era de ata sete goles.
Aínda que os azuis, hoxe de branco, reduciron distancias, logrando situarse a cinco goles do Guadalajara, estes só tiveron que aguantar e manter o acerto para que o partido concluíse en 27-32 e levar os dous puntos do Municipal.
Consulta as estatísticas do Teucro-Guadalajara
Relacionadas:
-
O Teucro cae en Guadalajara e xa pensa na loita pola permanencia (38-30)
Por Almu Dapena |
-
Obxectivos dispares para Cisne e Teucro na última xornada da primeira fase de liga
Por Almu Dapena |
-
O Teucro inicia unha campaña de financiamento para afrontar a segunda fase da liga
Por Redacción |
-
A permanencia do Teucro pende dun fío tras caer en casa contra o Amenábar (25-30)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
'Match ball' para o Teucro e xornada intranscendente para o Cisne
Por Redacción |
-
O Teucro regala entradas aos seus socios e convida os equipos galegos de base aos seus dous próximos partidos
Por Redacción |
-
O Teucro complícase na casa do Villa de Aranda (27-22)
Por Almu Dapena |
-
Alcobendas deixa o Teucro co mel nos beizos (28-27)
Por Almu Dapena |