Facer un partido serio e non conceder erros, obxectivo do Cisne para defender o liderado ante o Soria
Por Redacción
Volver gañar despois da derrota ante o Alcobendas da semana pasada é o obxectivo do Club Cisne Balonmano, que debe superar este sábado a todo un Balonmano Soria se quere seguir líder da División Honra Prata (Pavillón Municipal dos Deportes, 18:00 horas).
"Es un equipo nuevo en la categoría, pero con su situación en la clasificación (sexto con sete puntos) y la forma de jugar y de afrontar los partidos hace que parezcan unos veteranos", analiza o segundo adestrador branco, Quiños, que explica que en todos os partidos disputados "han llegado vivos al final".
En parte débese aos xogadores versátiles cos que conta, entre os que sobresaen Fernando Nevado, Diego Fernández, Javier Gutiérrez ou os gardametas Miranda e Javier González. Ademais, en tarefas ofensivas, Quiños fai fincapé no "contragol muy trabajado y los desmarques de José Andrés Torres, pivote que a la mínima que le concedes te hace daño y que destaca en el aspecto goleador".
Iso poñerá dificultades ao Cisne, que debe "hacer un buen partido y serio" no que non pode conceder ningún erro porque "a la mínima lo van a aprovechar y harán lo posible por ganar", avanza Quiños.
Relacionadas:
-
O Cisne imponse ao Soria cunha memorable primeira metade (37-21)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Alcobendas rompe 'in extremis' e con polémica coa imbatibilidade do Cisne (31-30)
Por Almu Dapena |
-
Sufrida vitoria do Cisne na cancha do Zamora (28-31)
Por Almu Dapena |
-
O Cisne reponse a un mal inicio para seguir co seu pleno de vitorias (29-25)
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
O Cisne asalta Zarautz nun partido non apto para cardíacos (25-26)
Por Almu Dapena |