A melloría do Arxil, a proba ante o Celta Selmark en Copa Galicia
Por Redacción
A só 15 días do inicio oficial da tempada na Liga Feminina 2 o Club Baloncesto Arxil calibrará o seu nivel ante un rival da súa mesma categoría, o Celta Selmark, en partido da primeira fase da Copa Galicia.
Xa clasificadas para as semifinais da competición tras vencer ao Pabellón Ourense (60-53), as verdes queren confirmar a imaxe mostrada neste encontro e esquecer a súa presentación ante o Fertilidad Air Europa, con quen caeron por un contundente 27-76 acusando graves problemas no xogo interior.
Cuberta xa a baixa de Olga Fedorova coa incorporación do pívot xamaicana Tajay Ashmeade, as de Mayte Méndez experimentaron unha notable melloría que confían fágalles competir nas mellores condicións.
O partido disputarase no pavillón vigués de Bouzas este sábado ás 20:00 horas.
Pase o que pase o equipo arxilista enfrontarase en semifinais, o próximo día 19 de outubro, a un equipo do grupo norte (Universitario de Ferrol, Cortegada ou Ensino de Lugo), mentres a final da competición se fixou un día máis tarde, o domingo 20.
Relacionadas:
-
O Arxil perde contra o Celta Selmark (64-49) e acaba segundo a primeira fase da Copa Galicia
Por Redacción |
-
A vitoria sobre o Pabellón Ourense (60-53) clasifica o Arxil para as semifinais da Copa Galicia
Por Redacción |
-
Un Arxil sen xogo interior non pode (27-76) co Instituto de Fertilidad Air Europa
Por Redacción |
-
Boas sensacións para o Arxil, que vence en Portugal os seus dous primeiros partidos de pretempada
Por Redacción |