A vitoria sobre o Pabellón Ourense (60-53) clasifica o Arxil para as semifinais da Copa Galicia
Por Redacción
O Arxil xa está nas semifinais da Copa Galicia de baloncesto feminino, tras impoñerse nun bo partido ao Pabellón Ourense. Despois dun primeiro cuarto con lixeira vantaxe visitante, as pontevedresas viñéronse arriba e dominaron o choque ata o final, especialmente no segundo e terceiro cuarto.
A presenza en pista da súa flamante fichaxe, a pivot xamaicana Tajay Ashmeade, capturando doce rebotes, foi clave no triunfo das rapazas que dirixe Mayte Méndez, a pesar de que as ourensanas non se renderon e cun parcial de 0-8 no último cuarto lograron poñerse a só tres puntos por debaixo, momento en que de novo apareceu Ashmeade para asegurar a vitoria do conxunto verde.
C.B. ARXIL (60): María González (9), Carla Fernández (6), Jara (9), Fani López (4), Cristina Díaz-Pache (6) -cinco inicial- Sandra Entenza (7), Andrea Carrera (2), María Lago (8) e Tajay Ashmeade (9).
PABELLÿN OURENSE (53): Claudia (21), María Álvarez (9), Florence (5), Olga González, Arantxa (15) -cinco inicial-, Nerea (3), Bolívar, Laura Álvarez e Andrea.
Árbitros: Godoy e Iglesias.
Marcadores parciais: 10-13, 19-10 (29-23), 18-10 (47-33) e 13-20 (60-53, final).
Incidencias: Pavillón do CGTD (Pontevedra). Uns 100 espectadores.