Dani Sousa e Luci únense á lista de renovacións no Poio Pescamar
Por Diego Espiño
Paso importante na planificación da próxima tempada no Poio Pescamar, ao asegurarse a continuidade de dúas das futbolistas con maior peso nos esquamas de Manu Cossío o último curso.
Trátase de Dani Sousa e Luci, que seguirán vinculadas ao conxunto conserveiro unha tempada máis.
No caso da primeira, cumprirá así a súa cuarta campaña na Seca, onde se confirmou como unha das pívots máis determinantes da máxima categoría.
Pola súa banda Luci encarará o seu segundo ano en Poio, onde chegou procedente do Burela Pescados Rubén.
A falta de concretar as chegadas que cubran os ocos que deixan as saídas de Silvia, Antía, Mirian e Clara, o Poio Pescamar eleva a catro o número de futbolistas renovadas, ao unirse Sousa e Luci a unha lista na que xa figuraban Caridad e Ana Rivera.
A que non seguirá tampouco no equipo é a canteirá Carol Agulla, que a través das súas redes sociais confirmou a súa decisión de deixar "a pelotita por un tempo", afastándose por tanto das canchas de xogo pero quedando "con todas as persoas incribles que me deu e todas as experiencias inesquecibles que me fixo vivir".
Relacionadas:
-
A internacional brasileira Jane Marques, reforzo de categoría para o Poio Pescamar
Por Diego Espiño |
-
Marta López-Pardo 'Martita' convértese na segunda fichaxe do Poio Pescamar
Por Diego Espiño |
-
Iraia Arbeloa e o Poio Pescamar separan os seus camiños
Por Redacción |
-
A gardameta Lucía Paz ficha polo Poio Pescamar
Por Diego Espiño |
-
Irene renova e cumprirá a súa cuarta tempada no Poio Pescamar
Por Redacción |
-
Caridad e Ana Rivera, primeiras renovacións no Poio Pescamar
Por Diego Espiño |
-
A reestruturación do Poio Pescamar empeza polas saídas: Antía Pérez, Mirian e Clara
Por Diego Espiño |
-
Silvia Aguete, tras a súa saída do Poio Pescamar: "Espero seguir jugando mientras me encuentre bien y las lesiones me lo permitan"
Por Diego Espiño |
-
Silvia Aguete pon fin á súa etapa no Poio Pescamar
Por Diego Espiño |
-
O Poio Pescamar queda ás portas de disputar o play-off polo título tras a derrota ante Alcorcón (1-3)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |