Marta López-Pardo 'Martita' convértese na segunda fichaxe do Poio Pescamar
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/5df/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/570532d2ea-20160329-patxot-diego-espino-1009.jpg)
Por Diego Espiño
O Poio Pescamar fíxose cos servizos dun das xogadoras de maior proxección do panorama nacional.
Trátase de Marta López-Pardo, peche coruñesa coñecida futbolisticamente como 'Martita' e que se converte na segunda fichaxe do proxecto conserveiro para a próxima tempada.
Martita, internacional en categorías inferiores e xa pre-citada nunha ocasión coa Absoluta, procede do Viaxes Amarelle de Primeira División.
Na última campaña sufriu unha grave lesión de xeonllo que lle obrigou a pasar polo quirófano en xaneiro, pero chegará á pretempada do Poio Pescamar co alta debaixo do brazo e con ganas de demostrar a súa completa recuperación.
A xoven xogadora coruñesa é a sétima peza confirmada para o Poio Pescamar 21-22, tras as renovacións Caridad, Irene, Dani Sousa, Luci e Ana Rivera e a fichaxe da gardameta Lucía Paz.