O Poio Pescamar queda ás portas de disputar o play-off polo título tras a derrota ante Alcorcón (1-3)

© Cristina Saiz

© Cristina Saiz
O Poio Pescamar queda ás portas de entrar no play-off polo título de liga tras caer na Seca ante o Alcorcón nun partido moi intenso marcado polas intervencións das gardametas.
Sufriu moito o Poio Pescamar, obrigado a remar ao contraxeito desde o minuto dous, cando o Alcorcón adiantouse cun gol de Aída de Miguel, asistida de maneira maxistral por Vane Sotelo, que quedou soa no á esquerda e deulle un pase da morte para que só empuxase á rede.
Co 0-1 aumentou o ritmo do partido. Respondeu o Poio cunha dobre ocasión que impediu Estela e, acto seguido, Clau López quedou soa ante Silvia, cedeu a Irene e esta estrelou o esférico no poste.
Aos poucos foise impoñendo o equipo conserveiro, que empezaba a merecer o gol. Sobre todo co disparo de Mirian cando se alcanzaba o minuto 8 de xogo, pero o balón deu na madeira. Dous minutos despois, o cadro arbitral pediu cesión na área visitante e Manu Cossío parou o tempo para aproveitar a ocasión, que acabou en saque de esquina.
As gardametas estaban a ser as protagonistas do encontro. Silvia salvaba ao Poio do segundo gol parando o disparo de Vane Sotelo e Ronsel evitaba o empate facendo o propio co tiro de Dani Sousa, mantendo o 0-1 co que se alcanzou o descanso.
Aos tres minutos do segundo tempo, Alcorcón ampliou a súa renda co tanto de Nerea Moldes. De novo a ourensá Vane Sotelo, gañaba liña de fondo pola súa banda e servía en bandexa desde onde a outra galega anotaba o 0-2.
Aínda quedaba tempo para moito, ou iso parecía. Con todo, a esperanza do Poio Pescamar desvaneceuse ao momento. Pepa marcou o terceiro das madrileñas a pase de Irene Samper desde banda dereita, deixando tocado ao equipo conserveiro, que necesitaba, como mínimo, un empate para meterse na última fase da loita polo título.
A seis do final, Dani Sousa reduciu diferenzas tras rematar desde a frontal da área, mentres Manu Cossío colocaba por momentos a Irene García como porteira xogadora e aproveitar a superioridade numérica.
Tiveron as vermellas unha ocasión clara no tramo final cun remate de Chiesa que acabou no poste, deixando co mel nos beizos a un Poio Pescamar que estivo a piques de lograr a clasificación para pelexar o seu primeiro play- off polo título. O que si se clasifica é o Alcorcón, que finaliza cuarto por detrás de Atlético Navalcarnero, Burela e Roldán.
Galería de imaxes do partido entre el Poio Pescamar e o Alcorcón na Seca
Última xornada da segunda fase de Primeira División de fútbol sala feminino entre o Poio Pescamar e Alcorcón na Seca
© Cristina Saiz
Relacionadas:
-
Dani Sousa e Luci únense á lista de renovacións no Poio Pescamar
Por Diego Espiño |
-
Caridad e Ana Rivera, primeiras renovacións no Poio Pescamar
Por Diego Espiño |
-
A reestruturación do Poio Pescamar empeza polas saídas: Antía Pérez, Mirian e Clara
Por Diego Espiño |
-
Silvia Aguete, tras a súa saída do Poio Pescamar: "Espero seguir jugando mientras me encuentre bien y las lesiones me lo permitan"
Por Diego Espiño |
-
Silvia Aguete pon fin á súa etapa no Poio Pescamar
Por Diego Espiño |
-
A final a catro decídese na Seca
Por Redacción |
-
Antía Pérez respira aliviada tras descartar unha rotura de ligamento no seu xeonllo
Por Redacción |
-
As contas para meterse na loita polo título dun Poio Pescamar que perde a Antía Pérez por lesión
Por Diego Espiño |
-
Importante triunfo en Móstoles do Poio Pescamar, que mete pé e medio no play-off polo título (0-1)
Por Almu Dapena |