Rufo xa pensa na próxima tempada co Pontevedra: "El club cuenta conmigo y yo quiero seguir"
Por Diego Espiño
Foi unha das pezas básicas do Pontevedra na recentemente concluída tempada, home de peso no vestiario, máximo artilleiro do equipo e xogador cun cartel importante no mercado. Por iso, aínda que é un dos cinco futbolistas con contrato en vigor, a continuidade de Rufino Familiar 'Rufo' no novo proxecto granate na Segunda RFEF, cuarto banzo do balompé nacional, non é asunto menor.
A pesar dunha campaña que "a mí me sabe a fracaso realmente", recoñece, o ariete madrileño non quere baixarse do barco e mantén a súa intención de seguir no club de Pasarón.
"Tenemos que hablar con el nuevo director deportivo y con Lupe, pero a priori creo que no hay ningún problema, el club cuenta conmigo y yo quiero seguir", confirmou Rufo tras recibir o premio que lle acredita como mellor xogador do equipo na campaña recentemente finalizada.
"Yo vine con muchas ganas y con la intención de hacer lo mejor con el Pontevedra, de llegar a lo más arriba posible. Ha pasado al revés, hemos bajado un poquito", sinala o dianteiro con ganas de "seguir luchando para intentar devolver al Pontevedra a la tercera categoría del fútbol español, que se lo merece".
O 'killer' granate móstrase convencido da súa continuidade, aínda que recoñece que "con el club no hemos hablado. Está pendiente del nuevo director deportivo y todo eso pero es verdad que yo tengo un año de contrato, estoy muy contento aquí y mi familia también, así que no tengo ningún problema", pecha respecto do seu futuro.
Rufo: "No sólo lo decía la presidenta, lo creíamos todos desde dentro, creíamos que teníamos un proyecto y un equipo para hacer mucho más"
Rufo quixo agradecer "el cariño de la afición que he recibido aún no habiendo tenido una temporada muy buena", unha campaña na que "no sólo lo decía la presidenta, lo creíamos todos desde dentro, creíamos que teníamos un proyecto y un equipo para hacer mucho más de lo que hemos hecho".
Por iso, coa rabia do sucedido, Pasarón poderá seguir gozando co esforzo e sacrificio dun dos dianteiros máis determinantes da categoría nun novo proxecto deportivo que para o madrileño só pode ter unha meta, porque "el Pontevedra tiene que aspirar siempre a lo máximo, es un club grabde, lo veía desde fuera y ahora que estoy dentro más. Hay que ir a por el máximo que es el ascenso".
Relacionadas:
-
Lupe Murillo confirma a renovación de Churre e avanza que o adestrador se saberá "calculo que la semana que viene"
Por Diego Espiño |
-
Xisco Campos despídese do Pontevedra: "Vuestras alegrías serán las nuestras, os seguiremos desde la distancia"
Por Diego Espiño |
-
Eneko Zabaleta pecha a súa etapa no Pontevedra e firma polo Calahorra
Por Diego Espiño |
-
Primeiros pasos para o Pontevedra 21/22
Por Diego Espiño |
-
A Segunda RFEF empeza a aclararse: Ascenso para o campión de grupo e catro prazas de play-off
Por Diego Espiño |
-
Toni Otero aterra no Pontevedra "con la ilusión de un niño pequeño cuando vuelve a su casa"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Toni Otero, confirmado como novo director deportivo do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Cinco futbolistas con contrato e moitas incógnitas no novo proxecto do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Charles oficializa a súa continuidade en Pasarón cunha mensaxe de perdón cara á afección granate
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra competirá o próximo ano nunha liga con 90 equipos divididos en 5 grupos de 18
Por Redacción |