Lupe Murillo confirma a renovación de Churre e avanza que o adestrador se saberá "calculo que la semana que viene"
Por Diego Espiño
Víctor Vázquez 'Churre' seguirá ligado a próxima tempada ao Pontevedra Club de Fútbol.
Así o confirmou a presidenta da entidade granate, Lupe Murillo, nunha comparecencia ante os medios de comunicación para presentar o campus de tecnificación que organizarán durante o mes de xullo. "Prácticamente está hecha, sí", afirmou Murillo sobre a renovación do central tras unha negociación na que ambas as dúas partes mostraron interese. "Churre se quería quedar, ya lo dijo, pero como sabéis hay que valorar las opciones, las posibilidades y la situación", explicou a dirixente.
O futbolista de Marín, que afrontará a súa cuarta campaña en Pasarón, é a primeira renovación no plantel pontevedrés uníndose desta forma aos cinco futbolistas que tiñan contrato en vigor: Rufo, Charles, Romay, Álex González e Oier Calvillo.
Para o que haberá que esperar aínda, aínda que non demasiado, é para coñecer o nome do adestrador que dirixirá ao Pontevedra o próximo curso: "El director deportivo está tratando ese tema y calculo que la semana que viene tendremos ya una respuesta", limitouse a confirmar Lupe Murillo sobre as negociacións respecto diso.
Doutra banda "vamos a tratar de cerrar la temporada hablando con los jugadores que acaban en nuestro club", algo que tamén farán co integrantes do filial e do equipo xuvenil coa intención de que algún dos seus integrantes poida promocionar ao primeiro equipo.
Lupe Murillo: "El equipo que vamos a hacer es para intentar ascender, pero es cierto que los salarios no van a ser los mismos"
En todo caso antes de todas esas negociacións o Pontevedra traballou en pechar primeiro as contas do exercicio "valorando la temporada económicamente", recoñece a presidenta do Consello de Administración, e é que tras o esforzo realizado nestes meses cunha importante redución de ingresos este será un punto importante na planificación. Tanto é así que "el equipo que vamos a hacer es para intentar ascender, pero es cierto que los salarios no van a ser los mismos", explicou ñadiendo que só no apartado de despachos de billetes "han sido 100.000 euros menos" de ingresos.
En todo caso a máxima responsable da casa granate mantén a súa ambición confirmando que "buscaremos la primera posición porque queremos ascender".
Relacionadas:
-
Sen adestrador, a 20 días de iniciar a pretempada
Por Diego Espiño |
-
Jorge Fernández, confirmado como novo xogador do Zamora
Por Diego Espiño |
-
Unha pretempada máis tardía do habitual para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Borja Martínez despídese do Pontevedra e pon rumbo a Castelló: "Sólo puedo dar las gracias"
Por Diego Espiño |
-
Toni Otero explica a salida de Luisito: "No tenía contrato, se valoraron cosas y no hubo entendimiento. Ya está"
Por Diego Espiño |
-
Tripla fichaxe no Pontevedra co regreso de Javi Rey e as chegadas de Pablo Cacharrón e Samu
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra prescinde de Luisito
Por Manu Otero & Diego Espiño |
-
Galicia, Asturias, Madrid e Castela e León: Así será o grupo da Segunda RFEF para Pontevedra e Arosa
Por Diego Espiño |
-
Charles e Rufo, reclamos do campus de verán do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Xisco Campos despídese do Pontevedra: "Vuestras alegrías serán las nuestras, os seguiremos desde la distancia"
Por Diego Espiño |
-
Eneko Zabaleta pecha a súa etapa no Pontevedra e firma polo Calahorra
Por Diego Espiño |
-
Toni Otero aterra no Pontevedra "con la ilusión de un niño pequeño cuando vuelve a su casa"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Rufo xa pensa na próxima tempada co Pontevedra: "El club cuenta conmigo y yo quiero seguir"
Por Diego Espiño |
-
Cinco futbolistas con contrato e moitas incógnitas no novo proxecto do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Charles oficializa a súa continuidade en Pasarón cunha mensaxe de perdón cara á afección granate
Por Manu Otero |