Xisco Campos despídese do Pontevedra: "Vuestras alegrías serán las nuestras, os seguiremos desde la distancia"
Por Diego Espiño
As conversas do Pontevedra Club de Fútbol e os xogadores que terminaban a súa vinculación coa entidade empezan a desembocar nas primeiras despedidas oficiais.
Se o xoves era Eneko Zabaleta o primeiro en atopar novo destino asinando no Calahorra, este venres o que se despediu publicamente da entidade granate foi Xisco Campos.
O central balear utilizou as súas redes sociais para agradecer "la oportunidad de defender los colores de este club y jugar de local en Pasarón".
"Ha sido un año difícil pero muy gratificante a nivel profesional y personal. Sobre todo gracias a mis compañeros de equipo y a la gente de Pontevedra que nos arroparon en un año complicado para todo el mundo. Vuestras alegrías serán las nuestras, os seguiremos desde la distancia", asegurou no seu adeus.
Xisco Campos chegou o pasado verán a Pontevedra directamente desde a Primeira División, estando chamado a achegar a súa experiencia e experiencia á zaga granate. A pesar do complicado da campaña e aos seus 39 anos, foi titular indiscutible tanto para Jesús Ramos como para Luisito disputando 25 partidos, todos eles de titular, e anotando un gol, no partido ante o Oviedo Vetusta da última xornada na que se evitou o descenso á Terceira RFEF.
Relacionadas:
-
Jorge Fernández, confirmado como novo xogador do Zamora
Por Diego Espiño |
-
Unha pretempada máis tardía do habitual para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Borja Martínez despídese do Pontevedra e pon rumbo a Castelló: "Sólo puedo dar las gracias"
Por Diego Espiño |
-
Tripla fichaxe no Pontevedra co regreso de Javi Rey e as chegadas de Pablo Cacharrón e Samu
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra prescinde de Luisito
Por Manu Otero & Diego Espiño |
-
Lupe Murillo confirma a renovación de Churre e avanza que o adestrador se saberá "calculo que la semana que viene"
Por Diego Espiño |
-
Eneko Zabaleta pecha a súa etapa no Pontevedra e firma polo Calahorra
Por Diego Espiño |
-
Primeiros pasos para o Pontevedra 21/22
Por Diego Espiño |
-
Toni Otero aterra no Pontevedra "con la ilusión de un niño pequeño cuando vuelve a su casa"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Rufo xa pensa na próxima tempada co Pontevedra: "El club cuenta conmigo y yo quiero seguir"
Por Diego Espiño |
-
Cinco futbolistas con contrato e moitas incógnitas no novo proxecto do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Charles oficializa a súa continuidade en Pasarón cunha mensaxe de perdón cara á afección granate
Por Manu Otero |