Cozumel acolle a Gómez Noya e Saleta Castro, que participarán no próximo Challenge Cancún
Por Diego Espiño
Javier Gómez Noya estableceu desde esta semana o seu cuartel xeral na illa mexicana de Cozumel, lugar escollido para realizar unha concentración de adestramento coa que aclimatarse á "calor extrema" que se espera no verán nos Xogos Olímpicos de Tokyo.
Así o recoñeceu recentemente nun acto publicitario en Vigo o propio pentacampión mundial de tríatlon en distancia olímpica, que levou consigo a unha parte da súa grupeta.
Trátase de "unha primeira concentración nunhas condicións similares ás que nos atoparemos en Tokyo", explicou hai uns días Gómez Noya, que ten "a idea de repetila xusto antes dos Xogos".
Cozumel é un enclave privilexiado na Riviera Maya, con escaso tráfico rodado e estradas de perfil chairo para adestrar o sector ciclista, xunto a pistas aptas para a carreira a pé e unhas tranquilas augas abertas para nadar.
Ademais do seu adestrador, Carlos Prieto, acompañan ao galego outros deportistas como a súa muller Anneke Jenkins, David Castro, Víctor Benages e a pontevedresa Saleta Castro.
Saleta, do mesmo xeito que o propio Javi Gómez Noya, ten previsto aproveitar a estancia mexicana para volver colgar un dorsal de competición nun tríatlon de media distancia, despois de moito tempo sen poder facelo centrándose noutras disciplinas, como a súa participación na Titan Desert de ciclismo BTT. Farao no Challenge Cancún previsto para o próximo día 2 de maio.
O Challenge Cancún contará 1.900 metros de natación, 90 quilómetros de ciclismo e 21 de carreira a pé.
Tras esta cita, Gómez Noya ten planificado probar o seu estado de forma nas dúas primeiras probas das Series Mundiais, coas carreiras do 15 de maio en Yokohama e o 6 de xuño en Leeds.
Relacionadas:
-
Víctor Riobó, 'lebre' de Gómez Noya en Cozumel na recta final da súa preparación para os Xogos
Por Diego Espiño |
-
A Federación Española outorga oficialmente a Gómez Noya praza para os Xogos de Tokyo
Por Diego Espiño |
-
"Recta final" da preparación para os Xogos Olímpicos de Gómez Noya, que se ve "a moi bo nivel"
Por Manu Otero |
-
Gómez Noya gaña o Challenge Cancún e Saleta Castro finaliza quinta
Por Almu Dapena |
-
Gómez Noya estrea tempada no Challenge Cancún xunto a Saleta Castro
Por Diego Espiño |
-
Gómez Noya ficha pola Ximnástica para preparar os Xogos Olímpicos de Tokio
Por Almu Dapena |
-
Gómez Noya elixe México para adaptarse á "calor extrema" que espera nos Xogos de Tokyo
Por Redacción |
-
A esixencia do sector ciclista castiga a un Gómez Noya que finaliza undécimo en Daytona
Por Diego Espiño |
-
Saleta Castro debuta na Titan Desert con podio e unha experiencia "brutal"
Por Diego Espiño |
-
Saleta Castro vence nun tríatlon de distancia olímpica 11 meses despois da súa última competición
Por Diego Espiño |