Un oitavo posto de Ramón Fernández en Colindres, posta en escena na tempada do Froiz
Por Redacción
Despois de meses de espera o pelotón ciclista elite e sub-23 púxose en marcha coa súa primeira competición, e con iso fíxoo tamén o Grupo Deportivo Supermercados Froiz.
A cita do trinque para a escuadra alimenticia era o Memorial Santisteban, na localidade cántabra de Colindres, unha carreira que deixou, segundo o equipo, "boas sensacións".
En total os ciclistas completaron 140 quilómetros de percorrido marcados polo alto ritmo desde o inicio. Foi o equipo Lizarte o que tomou as rendas facendo unha selección de corredores entre os que se atopaban Ramón Fernández, Pablo Alonso e Santiago Cadavid do Froiz.
No último porto fíxose a selección definitiva, resistindo os dous primeiros nun grupo de só 20 unidades.
Ao final Iván Cobo ( Lizarte) culminou coa vitoria o bo traballo dos seus compañeiros, entrando os seus perseguidores a 14 segundos e entre eles un Ramón Fernández que foi oitavo.
Tras esta cita o Supermercados Froiz mira xa cara ao inicio da Copa de España, que tras o aprazamento das súas primeiras probas puntuables producirase finalmente o 14 de marzo na Aiztondo Klasika.
Relacionadas:
-
Este ano, si. O Supermercados Froiz vai pola Copa de España
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
O Memorial Valenciaga reactiva a Copa de España de ciclismo medindo as opcións do Froiz
Por Redacción |
-
Pablo Alonso, do Supermercados Froiz, presenta a súa candidatura ao título na Copa de España
Por Redacción |
-
O Froiz e unha vella aspiración, a Copa de España Elite e Sub-23
Por Redacción |
-
Primeira carreira ciclista da tempada para o Froiz
Por Andrea Sánchez Barreno |
-
Salto de calidade do Froiz estreando nova sede: "Non somos un equipo profesional na licenza, pero no traballo si"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Probas biomecánicas nun Froiz que acelera cara ao inicio da tempada
Por Redacción |