Primeira carreira ciclista da tempada para o Froiz
O vindeiro domingo 28 de febreiro celebrarase a primeira carreira ciclista da tempada para o Grupo Deportivo Supermercados Froiz. Terá lugar en Cantabria, co Memorial Santisteban en Colindres a partir das 10:00 horas.
Debido á situación da pandemia e ás restriccións sanitarias levadas a cabo, os clubs e organismos organizativos víronse obrigados a pospor o inicio da tempada ata agora.
Será una xornada longa e intensa nun terreo montañoso no que os ciclistas da escuadra pontevedresa terán que facer fronte a 5 portos de montaña, sendo 3 de estos de terceira categoría e 2 de segunda.
A proba constará de 140 quilómetros e conlevará unha gran velocidade, xa que a ausencia de carreiras deriva nunha maior tensión no pelotón.
Por parte do grupo de Supermercados Froiz, tomarán a liña de saída Ángel Monje, Manuel Rodríguez, Diego Martin Lázaro, Ramón Fernández, Nicolás Antorena, Miguel Mera e Raul Casalderrey.
Relacionadas:
-
Este ano, si. O Supermercados Froiz vai pola Copa de España
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Pablo Alonso, do Supermercados Froiz, presenta a súa candidatura ao título na Copa de España
Por Redacción |
-
Un oitavo posto de Ramón Fernández en Colindres, posta en escena na tempada do Froiz
Por Redacción |
-
Aprazada ao 27 de xuño unha proba da Copa de España feminina de ciclismo en Pontevedra
Por Redacción |
-
Salto de calidade do Froiz estreando nova sede: "Non somos un equipo profesional na licenza, pero no traballo si"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |