Inicio de curso para as DEPOrte Escolas
Por Redacción
Co inicio do mes de marzo a Deputación de Pontevedra activa a súa proposta de deporte para nenos e nenas en idade escolar, as DEPOrte Escolas.
En total máis de 650 menores participarán nas diferentes escolas deportivas de ata nove modalidades: atletismo, baloncesto, balonmán, judo, loita, patinaxe, piragüismo, rugby e taekwondo.
Trátase dun programa gratuíto que se oferta como colaboración da administración provincial e as distintas federacións deportivas.
Todas estas escolas contarán nesta ocasión cun curso reducido, ata o mes de xuño, fóra da modalidade de piragüismo que se prolongará ata setembro.
Paea poder poñelas en marcha seguirase a machada o protocolo Fisiocovid- Dxtgalego.
Este curso participarán nas DEPOrte Escolas 27 municipios da provincia: A Cañiza, A Guarda, Baiona, Barro, Bueu, Cambados, Cangas, Cerdedo-Cotobade, Forcarei, Gondomar, Mondariz, Moraña, Oia, O Rosal, Pazos de Borbén, Pontevedra, Ponteareas, Ponte Caldelas, Redondela, Ribadumia, Rodeiro, Tomiño, Tui, Valga, Vigo, Vila de Cruce e Vilagarcía de Arousa.
Relacionadas:
-
As Escolas Deportivas de Cerdedo-Cotobade terán o "apoio total" do Concello
Por Redacción |
-
Luz verde da Deputación ás subvencións ao deporte federado de nivel autonómico e aos clubs de Preferente
Por Redacción |
-
A Deputación aumenta a axuda aos clubs deportivos para equiparar os recursos dos equipos femininos e masculinos
Por Redacción |