Fran Fandiño dálle ao Ribadumia unha importante vitoria en Ourense (1-2)
Por Redacción
Regreso pola porta grande do Ribadumia á Terceira División, vencendo no campo do Couto a un dos equipos que o pasado curso pelexou por ascender a Segunda B, o Ourense CF (1-2).
Os aurinegros demostraron que afrontan a tempada con ilusión, a pesar das complicacións derivadas da situación sanitaria, e estráronse sumando tres importantes puntos con moito traballo e sufrimento.
Foi un duelo ao que o Ribadumia agarrouse con uñas e dentes, sabendo sufrir por momentos ante o empuxe local, que puxo en apertos no primeiro acto a Roberto Pazos.
Con todo no tempo de prolongación os de Luís Carro golpearon primeiro, aproveitando unha acción de estratexia nun lanzamento de falta de Brais desde o costado que ninguén chegou a tocar e terminou no fondo da rede.
No segundo acto o Ourense foise a por a igualada, e a súa recompensa chegou xa no tramo final co 1-1, obra de César Cotos.
Todo parecía encamiñado ao empate, pero de novo como no primeiro período, xa sen tempo, apareceu o Ribadumia para cun tanto de Fran Fandiño levar os tres puntos en xogo.
Gran posta en escena do conxunto da Senra, que a próxima xornada recibirá ao Choco no seu estadio.
Relacionadas:
-
Repartición de puntos entre Ribadumia e Estradense tras un partido de infarto (3-3)
Por Redacción |
-
Remontada do Arosa fronte ao Ourense para sumar tres puntos máis (2-1) e o Ribadumia cae pola mínima na súa visita ao Atios (1-0)
Por Almu Dapena |
-
O Ribadumia visitará o Miengo cántabro no seu debut na Copa do Rei
Por Redacción |
-
Arosa e Ribadumia suman tres puntos tras vencer a UD Ourense e Choco
Por Redacción |
-
Un erro defensivo condena o Arosa fronte o Arenteiro
Por Almu Dapena |
-
O Ribadumia accede á fase previa da Copa do Rei tras gañar nos penaltis ao Viveiro (1-1)
Por Redacción |