O Ribadumia visitará o Miengo cántabro no seu debut na Copa do Rei
Por Redacción
O Ribadumia xa coñece o nome do seu primeiro rival na Copa de S. M. o Rey. O sorteo realizado este xoves na sede da Real Federación Española de Fútbol en Las Rozas deparou un enfrontamento entre o conxunto galego co Miengo FC de Cantabria. A eliminatoria está prevista para o 11 de novembro, será a partido único. O gañador entrará no bombo da primeira rolda do torneo copeiro, que un ano máis volverá incluír equipos semiprofesionales de toda España.
O azar, nun sorteo no que os equipos foron separados por criterios xeográficos, quixo que o Ribadumia teña que desprazarse varios quilómetros para debutar nesta competición. No lado positivo, os de Luís Carro foron afortunados ao ter que enfrontarse ao rival máis débil posto que o Miengo milita na Preferente Cántabra na que marcha en última posición despois de disputar só unha xornada e finalizar en cuarta posición a última tempada. Un rendemento que contrasta cos do Salnés, que contan os seus encontros por vitorias.
Sorteo de la Fase Previa @CopaDelRey_ES
— InfutbolGalicia (@infutbolgalicia) October 29, 2020
El @cd_ribadumia se enfrentará al conjunto cántabro del #MiengoFC.
La eliminatoria será a partido único y el equipo ribadumiense se jugará el pase en el campo de Cuchía de Miengo.(Cantabria). https://t.co/tyMoqEgXJT pic.twitter.com/9ec48pevb1
Os outros rivais que acompañaban ao Ribadumia no bombo eran o Real Titánico asturiano, o Colexio Diocesanos castellenoleonés, o Anaitasuna vasco e o Racing Rioxa rioxano. Todos eles da Terceira División da súa respectiva comunidade autónoma.
Os vencedores das dez eliminatorias pasarán á seguinte fase prevista para o 16 de decembro na que xa entrarán en liza equipos de Terceira Divisón, Segunda Divisón B, Segunda División e Primeira División, salvo os catro equipos que disputarán este ano a Supercopa de España (Athletic Club, Real Sociedade, FC Barcelona e Real Madrid).
Relacionadas:
-
Copa do Rei: O Ribadumia recibirá ao Cádiz; o Pontevedra, ao Cartagena
Por Manu Otero |
-
Histórico Ribadumia! Vence o Miengo en Cantabria (0-1) e recibirá a un equipo de Primeira na Copa do Rei
Por Diego Espiño |
-
Cita coa historia para o Ribadumia en Cantabria
Por Redacción |
-
Repartición de puntos entre Ribadumia e Estradense tras un partido de infarto (3-3)
Por Redacción |
-
Remontada do Arosa fronte ao Ourense para sumar tres puntos máis (2-1) e o Ribadumia cae pola mínima na súa visita ao Atios (1-0)
Por Almu Dapena |
-
Arosa e Ribadumia suman tres puntos tras vencer a UD Ourense e Choco
Por Redacción |
-
Fran Fandiño dálle ao Ribadumia unha importante vitoria en Ourense (1-2)
Por Redacción |
-
O Ribadumia accede á fase previa da Copa do Rei tras gañar nos penaltis ao Viveiro (1-1)
Por Redacción |