Repartición de puntos entre Ribadumia e Estradense tras un partido de infarto (3-3)
Por Redacción
Partido de infarto o vivido este sábado na Senra entre Estradense e Ribadumia. Segundo e terceiro clasificados respectivamente na Terceira División, saltaron ao céspede en busca do valiosos tres puntos que lle permitisen seguir pelexando polos postos altos da táboa.
Os aurinegros afrontaban a cita con só 14 xogadores do persoal en plenas condicións e tamén coa mente posta no partido de Copa do Rey fronte ao Miengo FC.
En canto ao atopo fronte ao Estradense, foron estes os que golpearon primeiro cun gol de Brais Calvo cando se alcanzaba o ecuador da primeira metade. Dez minutos despois, o Ribadumia reaccionou cun gol de Fran Fandiño que, tras rematar unha falta botada por Diego Abal, igualaba a contenda.
Parecía que ao descanso ía chegar en empate pero, case sen tempo, Charles apareceu para poñer aos locais por diante por primeira vez no marcador pero con toda a segunda metade por diante.
Nada máis volver do vestiario Fran Fandiño volveu aparecer para enviar o balón á rede na primeira xogada do segundo acto e así colocar o 3-1 e encamiñar aos seus cara á vitoria.
Con todo, o Estradense non tardou en recortar distancias. Dez minutos despois do gol dos locais, Juanin enviou o balón á escuadra e logrou a recompensa que puxo o 3-2.
A vantaxe era tan mínima que os de Luís Carro estaban a sufrir. Os da Estrada xa estaban dentro do partido e foron a por a igualada.
Desta maneira, cinco minutos despois do anterior gol e aproveitándose dun Ribadumia tocado animicamente, lograron a recompensa do terceiro gol. Ángel Muñiz golpeou dende a frontal e sorprendeu a Pablo Rial para poñer de novo o empate no marcador.
Finalmente, repartición de puntos nun partido de gran intensidade onde ambos os conxuntos lograron tres goles. A próxima cita do conxunto aurinegro será o mércores 11 de novembro fronte ao Miengo FC. Trátase da eliminatoria da Copa do Rey de onde sairá o gañador que entrará no bombo da primeira rolda do torneo.
Consulta a acta do Ribadumia-Estradense.
Relacionadas:
-
Un dobrete de Pedro Beda dá a vitoria ao Arosa ante o Pontellas (0-2) e a UD Ourense reparte os puntos co Ribadumia (2-2)
Por Redacción |
-
O Ribadumia cae goleado ante o Alondras (4-0) e o Arosa cede os tres puntos ante o Choco (1-2)
Por Redacción |
-
Histórico Ribadumia! Vence o Miengo en Cantabria (0-1) e recibirá a un equipo de Primeira na Copa do Rei
Por Diego Espiño |
-
Cita coa historia para o Ribadumia en Cantabria
Por Redacción |
-
O Arosa sofre pero vence o Barco para colocarse líder de Terceira (0-2)
Por Redacción |
-
Remontada do Arosa fronte ao Ourense para sumar tres puntos máis (2-1) e o Ribadumia cae pola mínima na súa visita ao Atios (1-0)
Por Almu Dapena |
-
O Ribadumia visitará o Miengo cántabro no seu debut na Copa do Rei
Por Redacción |
-
Arosa e Ribadumia suman tres puntos tras vencer a UD Ourense e Choco
Por Redacción |
-
Fran Fandiño dálle ao Ribadumia unha importante vitoria en Ourense (1-2)
Por Redacción |
-
O Ribadumia accede á fase previa da Copa do Rei tras gañar nos penaltis ao Viveiro (1-1)
Por Redacción |
-
Sorteado o calendario de Terceira: O Arosa debuta na casa contra o Arenteiro, o Ribadumia visita ao Ourense CF
Por Manu Otero |