O Ribadumia accede á fase previa da Copa do Rei tras gañar nos penaltis ao Viveiro (1-1)
Por Redacción
O Ribadumia xa ten o billete para a fase previa da Copa do Rei. O colectivo dirixido por Luís Carro certificou o pase tras dobregar nun encontro vibrante ao Viveiro na quenda de penaltis. O gardameta Roberto Pazos foi, sen dúbida, un dos heroes tras deter dous lanzamentos na quenda definitiva.
A primeira do partido foi para o elenco preparado por Luís Carro e chegou no 9 da primeira parte tras un centro lateral ao segundo pau que non puido rematar Hugo Soto cando estaba libre de marca.
O encontro foi moi equilibrado ata que o dinamitou Hugo Soto, quen no minuto 24 non fallou. Javi Domingo meteu unha pelota profunda cara ao desmarque do dianteiro do Ribadumia, quen no man a man con Manu non se puxo nervioso e definiu con mestría e elegancia para poñer por diante aos seus.
O tanto visitante espoleou ao Viveiro, que tivo o empate no minuto 34 tras un centro lateral e o remate no primeiro pau de Jaiime que se marchou fóra por moi pouco. Os de Chusky estaban nos seus mellores minutos do choque.
Co 0-1 a favor do Ribadumia chegouse ao descanso no Vero Boquete de San Lázaro. O preparador local aproveitou o intermedio para mover ficha e realizou dous cambios: quedaron no vestiario Rolle e Facu e entraron no terreo de xogo Gerardo Carrera e Asier.
O inicio da segunda parte foi calcado ao final da primeira, cun Viveiro mellor posicionado e superior ao Ribadumia. Os locais fóronse arriba con todo en busca do empate e lograron o premio no minuto 52 do envite grazas a unha pena máxima transformada polo capitán Jaime.
A batalla polo billete para a fase previa do torneo volveu equilibrar co paso dos minutos e as ocasións de gol brillaron pola súa ausencia, aínda que a tensión e os nervios na recta final palpábanse no ambiente. O intercambio de golpes foi a constante na recta final do choque. O Viveiro tívoa tras un saque desde o recanto, mentres que o Ribadumia encomendouse á calidade individual dos seus futbolistas ofensivos para tentar anotar o tanto do triunfo.
Con todo, o electrónico do Vero Boquete non se moveu e os penaltis ditaron sentenza, sendo mellor o Ribadumia desde os 11 metros.
VIVEIRO CF (1): Manu, Agus, Édgar, Rolle (Asier, min. 46), Jaime, Arturo (Meitín, min. 85), Iván (Javi Rey, min. 68), Vicente, Pablo Rey, Uriol (Dani, min. 80) e Facu (Gerardo, min. 46).
CD Ribadumia (1): Roberto Pazos, Santi, Diego, Miguel Vázquez, Javi Domingo (Carlos, min. 69), Cheri, Monchito (Brais, min. 89), Giráldez (Óscar Martínez, min. 57), Hugo Soto, Fran Matos (Fran Fandiño, min. 89) e Álex Fernández (Dieguito, min. 69).
Árbitro: Alfonso Alcalá Rey (Santiago), asistido nas bandas por Diego Fernández Fernández e Daniel Rodríguez Munín. Amonestou con cartón amarelo a Dani por parte local e a Cheri por parte visitante. Expulsou con cartón vermello directo ao adestrador visitante Luis Carro no minuto 71.
Goles: 0-1, Hugo Soto: min. 24. 1-1, Jaime, de penalti: min. 52.
Quenda de penaltis: Jaime, GOL. Hugo Soto, GOL. Javi Rey, GOL. Óscar Martínez, PARA Manu. Gerardo, PARA Roberto Pazos. Brais, GOL. Vicente, GOL. Dieguito, GOL. Meitín, PARA Roberto Pazos. Diego, GOL.
Incidencias: encontro clasificatorio para a fase previa da Copa do Rei disputado no Estadio Municipal Verónica Boquete de Santiago.
Relacionadas:
-
Histórico Ribadumia! Vence o Miengo en Cantabria (0-1) e recibirá a un equipo de Primeira na Copa do Rei
Por Diego Espiño |
-
Cita coa historia para o Ribadumia en Cantabria
Por Redacción |
-
Repartición de puntos entre Ribadumia e Estradense tras un partido de infarto (3-3)
Por Redacción |
-
O Ribadumia visitará o Miengo cántabro no seu debut na Copa do Rei
Por Redacción |
-
Arosa e Ribadumia suman tres puntos tras vencer a UD Ourense e Choco
Por Redacción |
-
Fran Fandiño dálle ao Ribadumia unha importante vitoria en Ourense (1-2)
Por Redacción |
-
O Ribadumia, a un partido de meterse na Copa do Rei
Por Redacción |
-
Sorteado o calendario de Terceira: O Arosa debuta na casa contra o Arenteiro, o Ribadumia visita ao Ourense CF
Por Manu Otero |
-
O Ribadumia presenta a Charles e Pablo González e avanza con paso firme na composición do plantel
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O Ribadumia renova o seu capitán, Miguel Vázquez
Por Redacción |