O Pontevedra presenta a súa esperada campaña de abonados coa idea de que "todos los socios entren en Pasarón"
Por Diego Espiño
A esperada campaña de socios do Pontevedra Club de Fútbol para a tempada 2020/2021 viu este xoves a luz nunha rolda de prensa protagonizada pola presidenta da entidade, Lupe Murillo, celebrada no Estadio Municipal de Pasarón.
Co lema "Es parte de ti" o Pontevedra quixo trasladar a mensaxe da importancia do ingreso en materia de socios nunha tempada "en la que los recursos van a ser limitados", explicou a presidenta, a pesar de que "nos hemos esforzado más que nunca para generar ilusión" confeccionando o que cualificou como un "gran equipo".
Murillo xustificou a tardanza en dar a coñecer a campaña na intención de saber con canto aforo poderán contar nos seus partidos. Neste aspecto enviado xa o protocolo e "aprobado", asegura, pola Secretaría Xeral para o Deporte vese viable que "todos los socios entren en Pasarón".
"Tenemos un gran equipo que enseñar a nuestra afición pero tenemos un pequeño espacio, es el momento de estar cerca todos y de estar todos unidos. Pasarón va a ser un espacio seguro con un aforo limitado por exigencias sanitarias, tan limitado que de momento sólo se va a abrir la campaña de abonados durante los próximos 10 días para nuestros socios", explicou a dirixente.
Para o público sénior o abono custará 220 euros en Tribuna, 150 en Preferencia e 100 euros nos fondos
Neste contexto, con matices, os prezos son similares aos da pasada campaña a pesar de contar con menos xornadas. Así para o público sénior o abono custará 220 euros en Tribuna, 150 en Preferencia e 100 euros nos fondos (únicas bancadas que soben). Pola súa banda os carnés bonificados (desempregados, xubilados, estudantes ou penas) custarán 150, 100 e 80 euros respectivamente e a categoría nova (7 a 17 anos) 50, 45 e 40 euros respectivamente. Non varía o prezo do carné 'baby' para os menores de 0 a 6 anos, fixado en 10 euros e que non dará dereito a entrar aos partidos.
O asento en todo caso será asignado polo club para cumprir o protocolo sanitario, o que pode facer cambiar de bancada aos afeccionados para repartir o aforo por toda a instalación. Será valido para todos os partidos da primeira e a segunda fase da liga, dando prioridade para a adquisición de entradas para partidos de Copa do Rei ou un hipotético play-off (un máximo de 2 por abono).
Durante os primeiros días da campaña só se permitirá a renovación de abonados a través da plataforma online que se habilitará na web do club ou presencialmente segundo a antigüidade. Así, o 9 e 10 de outubro poderán acudir ás oficinas os socios con número entre o 1 e 400, os días 13 e 14 será a quenda para os abonados do 401 ao 800, o 15 e 16 de outubro atenderase aos carnés entre o 801 ao 1200 e os días 17 ao 19 de outubro ao resto de abonados.
CORAZÓN GRANATE
A situación de alerta sanitaria provocou que o Pontevedra presente unha nova modalidade de bono, denominado 'Corazón Granate' e só dispoñible para maiores de 65 anos e xubilados que non vaian acudir ao campo. Para eles, sen perder o seu número, habilitaranse carnés a 90 euros en Tribuna, 70 euros en Preferencia e 50 euros nos fondos. A atención presencial para estes casos prestarase a partir do 14 de outubro.
NOVOS SOCIOS
Aínda que de momento é unha posibilidade limitada, tamén será posible dar de alta a novos socios, con prezos de 245, 180 e 120 euros respectivamente para o público sénior e 80, 60 e 50 euros para o mozo. Para eles habilitarase un período de prerreserva a través do mail socios@pontevedracf.com (tamén para calquera outra dúbida relacionada coa campaña) e a súa alta tramitarase, en caso de contar con aforo dispoñible, por rigorosa orde de inscrición.
VENDA DE ENTRADAS
Na súa comparecencia Lupe Murillo recoñeceu tamén, con pesar polos despachos de billetes que poderían darse nos derbis, que "habrá pocas entradas a lo largo de la temprada, si la temporada continúa con estas restricciones", unhas entradas de venda directa ao público que "serán lineales, independientemente de la grada para la que se saquen, y con un precio más alto del habitual".
Relacionadas:
-
As altas de novos socios no Pontevedra, a partir do luns 26
Por Redacción |
-
O Pontevedra, pendente do DOG: A Xunta planea limitar a 300 espectadores os eventos deportivos ao aire libre
Por Diego Espiño |
-
Jesús Ramos ve o Pontevedra "preparado para competir" e con ganas de "traer os tres puntos" de Ferrol
Por Diego Espiño |
-
Sanidade segue sen autorizar a presenza de máis de 1.000 espectadores nos campos de Segunda B
Por Diego Espiño |
-
Unha pretempada solvente avala o Pontevedra ante o inicio da Segunda B
Por Diego Espiño |
-
Un gol de Rufo dá a vitoria ao Pontevedra no último test de pretempada fronte ao Compostela (1-0)
Por Almu Dapena |
-
Lete Lasa sinala que será Saúde Pública quen autorice a ampliación de aforo do estadio de Pasarón "pola vía da excepción"
Por Diego Espiño |
-
Lupe Murillo, sobre os obxectivos do Pontevedra: "Aspiramos a todo"
Por Diego Espiño |
-
Jesús Ramos: "Voume con moi boas sensacións. Plantámoslle cara de tu a tu ao Deportivo"
Por Diego Espiño |
-
Enganosa derrota ante o Deportivo dun bo Pontevedra (1-2)
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Final de mercado sen sorpresas no Pontevedra e mirando cara a casa
Por Diego Espiño |
-
Pasarón poderá contar cun aforo superior aos 1.000 espectadores recomendados polo Consello Superior de Deportes
Por Diego Espiño |