O Poio Pescamar ponse en marcha e prepara a súa volta aos adestramentos
Por Diego Espiño
Despois de semana, meses de incerteza, ao fin o Poio Pescamar pensa en retomar a actividade coa tranquilidade que lle dá a modificación do protocolo autonómico polo Covid-19 para equipos de categoría nacional e tamén os movementos na Real Federación Española de Fútbol para poñer data ao comezo da liga na Primeira División de fútbol sala.
"Se calcula el 18 de octubre para empezar, así que necesitamos un mínimo de 6 semenas de pretemporada. No podemos tener a la gente más tiempo parada", recoñece o presidente do club vermello, Juanjo García.
Polo de súpeto o equipo conserveiro chamou xa ás súas xogadoras para que se establezan en Poio e pasen entre este xoves e venres as probas serolóxicas que descarten o seu contaxio por coronavirus. Ademais as futbolistas recibirán unha charla sobre a prevención de riscos laborais na que se lles explicará o protocolo para seguir.
É o paso previo a inicio dos adestramentos, que se todo vai ben se producirá este mesmo venres 4 de setembro cunha primeira sesión no pavillón da Seca.
Un paso adiante que esperaban con impaciencia no Poio Pescamar despois de case 6 meses de parón, aínda que desde a entidade tómano con prudencia e deseñaron unha volta ao traballo progresiva cunha primeira semana sen apenas contacto entre as xogadoras.
A entidade conserveira ha querido agradecer o apoio durante os últimos meses aos seus patrocinadores, que lle permitiron aguantar o parón deportivo sen ter que acollerse a un ERTE
Relacionadas:
-
A RFEF divide o fútbol sala en subgrupos: o Leis competirá nun grupo autonómico e O Fisgón, contra galegas e salmantinas
Por Manu Otero |
-
Julia Dupuy e Agostina Chiesa, dobre fichaxe arxentina no Poio Pescamar
Por Diego Espiño |
-
O Poio Pescamar mudarase a Príncipe Felipe mentres duren as obras na Seca
Por Diego Espiño |
-
Dúbidas no inicio de pretempada para o Poio Pescamar, que busca polo menos un reforzo máis
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Poio Pescamar e Leis aparcan a volta aos adestramentos ata que se fixe o inicio das ligas
Por Redacción |
-
A RFEF esixe ao CSD un "plan transversal" para os deportes de equipo antes de iniciar as competicións
Por Manu Otero |
-
"Mejorar los resultados de la temporada pasada", obxectivos do Poio Pescamar para unha nova campaña sen data de inicio
Por Almu Dapena |