O Poio Pescamar mudarase a Príncipe Felipe mentres duren as obras na Seca
Por Diego Espiño
O pavillón da Cidade Infantil de Príncipe Felipe será a nova 'casa' provisional do Poio Pescamar durante a pretemporada e, posiblemente, as primeiras semanas de liga,
O conxunto vermello, que este luns comezou a súa pretemporada oficialmente na Seca, deberá trasladarse de sede debido ás obras previstas no pavillón municipal de Poio e que se iniciarán antes de final de mes, segundo anunciou recentemente o goberno local.
"Nos condiciona mucho, porque no sabemos los días que vamos a tener pista", recoñeceu respecto diso o adestrador do Poio, Manu Cossío.
O técnico conta con que esta situación se prolongue "uno o dos meses seguro", polo que de cumprirse as datas que se barallan para o inicio da competición afectaría non só aos adestramentos, senón aos primeiros partidos de liga da escuadra conserveira.
As obras no pavillón da Seca consistirán na renovación da cuberta, o ximnasio municipal e a dotación de novas luminarias.
Relacionadas:
-
Empate para o Poio Pescamar fronte ao Burela (2-2) no seu primeiro amigable de pretempada
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O Poio Pescamar buscará o pase á final da Copa Galicia unha semana antes do inicio da liga
Por Manu Otero |
-
Sorteado o calendario de liga para o Poio Pescamar, con estrea na cancha do Roldán
Por Redacción |
-
VÍDEO.- O rap reivindicativo de Julia Dupuy, futbolista arxentina do Poio Pescamar
Por Diego Espiño |
-
Julia Dupuy e Agostina Chiesa, dobre fichaxe arxentina no Poio Pescamar
Por Diego Espiño |
-
Dúbidas no inicio de pretempada para o Poio Pescamar, que busca polo menos un reforzo máis
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
O Poio Pescamar ponse en marcha e prepara a súa volta aos adestramentos
Por Diego Espiño |
-
A remodelación da cuberta do pavillón polideportivo da Seca comezará nos vindeiros días
Por Redacción |
-
"Mejorar los resultados de la temporada pasada", obxectivos do Poio Pescamar para unha nova campaña sen data de inicio
Por Almu Dapena |