Dúbidas no inicio de pretempada para o Poio Pescamar, que busca polo menos un reforzo máis
Por Diego Espiño & Mónica Patxot
Primeiras carreiras da pretempada para as xogadoras do Poio Pescamar, que este luns volveron a pisar a cancha de xogo co primeiro adestramento oficial do equipo.
Superados con éxito os test de seroprevalencia aos que foron sometidas tanto futbolistas como corpo técnico, así como os test físicos, Manu Cossío puido dirixir a súa primeira sesión como adestrador vermello.
Fíxoo, iso si, nunha situación de incerteza e con moitas dúbidas no ambiente, xa que polo momento "no tenemos ni calendario y seguimos esperando al protocolo del Consejo Superior de Deportes", recoñece o adestrador pontevedrés.
Precisamente debido á falta de protocolo por parte do CSD unido e as recomendacións do servizo de prevención laboral, polo momento Cossío só planificou a primeira semana de traballo, con oito sesións (dobre o xoves e venres) que se realizarán de maneira individualizada. Non será por tanto ata a próxima semana cando comecen a prepararse en exercicios con contacto.
Esta indefinición fai ademais que tampouco se albisquen no horizonte partidos amigables. Si lles anima polo menos que se fale xa de mediados de outubro como a data para o inicio da competición, despois de tantos meses de parón.
O Poio Pescamar, nunha tempada na que parte con ambición de pelexar polos primeiros postos e polo título na aprazada fase final da Copa da Raíña, agarda aínda a chegada de polo menos un reforzo antes de dar por pechado o seu plantel, tendo en conta que se quere ir con precaución con Antía Pérez despois de dúas lesións graves nas dúas últimas campañas e que non se espera poder contar con Clara polo menos ata final de ano.
Cossío avanza que espera que frutifiquen as negociacións abertas e que "si puede ser esta semana mejor que la siguiente" poida contar con ese reforzo, aínda que tal e como explica "si ya fichar habitualmente es difícil, ahora mucho más".
Relacionadas:
-
O Poio Pescamar buscará o pase á final da Copa Galicia unha semana antes do inicio da liga
Por Manu Otero |
-
Sorteado o calendario de liga para o Poio Pescamar, con estrea na cancha do Roldán
Por Redacción |
-
VÍDEO.- O rap reivindicativo de Julia Dupuy, futbolista arxentina do Poio Pescamar
Por Diego Espiño |
-
Julia Dupuy e Agostina Chiesa, dobre fichaxe arxentina no Poio Pescamar
Por Diego Espiño |
-
O Poio Pescamar mudarase a Príncipe Felipe mentres duren as obras na Seca
Por Diego Espiño |
-
O Poio Pescamar ponse en marcha e prepara a súa volta aos adestramentos
Por Diego Espiño |
-
Poio Pescamar e Leis aparcan a volta aos adestramentos ata que se fixe o inicio das ligas
Por Redacción |
-
A RFEF esixe ao CSD un "plan transversal" para os deportes de equipo antes de iniciar as competicións
Por Manu Otero |
-
"Mejorar los resultados de la temporada pasada", obxectivos do Poio Pescamar para unha nova campaña sen data de inicio
Por Almu Dapena |